No fútbol sala femenino volve a competición despois do parón :
O Fisober xoga o sábado en Santo Domingo de la Calzada fronte o Calceatense , as 19:30 horas, cas baixas seguras de Paula por sanción e Noelia por lesión que non volverá a xogar xa ata o 2013 e cas dúbidas de Ylenia, Elsa e Nuria.
Pola súa parte o filial xoga en Vimianzo o sábado as 18 horas fronte as Espartanas , partido no que poderían ser baixa algunha xogadora que iría co primeiro equipo e no que podería voltar Tamara despois da súa operación.
Patri adestraba onte por terceira vez ca selección galega sub 23, estas foron as convocadas.
Recordemos que o pasado fin de semana foron os partidos amigables ; Fisober vs Pais ; Fisober B vs Nais.
A previa do Poio en Segunda División.
Aproveitamos para recordar resultados do fin de semana pasado co Mundial e Copa Xunta.
Na Copa Xunta femenina :
O Cidade das Burgas ganou o Burela despois dos penaltis, no partido o resultado foi 2 a 2, María Arias e Peque para as locais , Lidia e Dany para as visitantes. Nos penaltis 4 a 3.
Na outra semi o Ponte Ourense vencio 3 a 0 en Pontevedra o Leis. Co cal os dous equipos de Ourense disputarán a final.
Neste enlace podedes ver os penaltis da semifinal femenina do Mundial . Portugal vs España. Nun Mundial no que Brasil foi campeona e España terceira.
No fútbol :
- O Everton pensa en Gameiro, Lescott e Ben Yedder.
- A Juve quere a Drogba e Walcott.
- Borussia e Liverpool queren fichar a Nuri Sahin.
- James Rodriguez e Wanyama obxectivos do United.
- Kolarov e a Juve.
- O Chelsea tamén pensa en Drogba.
- United e Ranocchia.
- O City e Obiang.
- PSG e Ogbonna.
- Tello renovará o luns ?
- Sakho e o City.
- O Inter pelexa co United por Lewandoski.
- O Valencia pensa en Albiol e Villa ?
- Sturridge e Tom Ince os que gustan o Liverpool.
- City e Chelsea pensan en Isco.
- O Santos a por Robinho.
- Hummels e Gotze a voltas co Barsa.
- Gay novo adestrador do Racing.
- O Chelsea pensa en Danilo do Porto para o lateral dereito.
- Borriello e o Nápoles.
Por certo onte Tito Vilanova dixo que o balón da Copa non valía, pensemos que o Barca é de Nike e o balón da Copa é Adidas, dirá Messi icono de Adidas o mesmo ?
No basket :
- O pai de Laso acusa a Scariolo de decir : " Yo con esos no voy " e por eso deixou a Orenga no sitio.
- Gelabale preto do Valencia.
- Keselj pode ser cortado.
- Gist tamén en Unicaja.
- Tanganón no Bilbao Basket vs Spirou.
- Blakney o Cajasol.
- Nalga o Besiktas.
- Bremer de Fenerbahce a Milano.
- O Obra ficha a Jaime Cobo.
- Hoxe en Marca Tv, Kimkhi vs Panathinaikos as 18 horas e Unicaja vs Chalon as 20 horas.
- Recordar que Tve 1 cambia o partido do domingo para as 12:45 co cal o Obra vs R. Madrid será a esa hora. Parece que ese será o novo horario para os domingos. Unha pena xa que coincide co das Autonómicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario