LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : MABEGONDO – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” : 2-2.
MABEGONDO : Ainara, Patricia, Ángeles, Encarnación e Katia ; tamén xogaron : Melissa , Bibiana e Alba.
FISOBER B : Catti, Myrella, Inés, Iria e María , tamén xogaron : Mónica, Laura, Natalia, Cris, Loly e Martina.
GOLES : 1-0 Encarnación de penalti, 1-1 Inés, 1-2 María, 2-2 Bibiana.
A nova fornada de Fisober conseguía o seu primeiro punto da tempada algo que as fortalece un pouco máis nas súas ganas de mellorar e que as trouxo cunha inmensa ledicia para a Costa e aínda pudo ser máis xa que se lles escaparon os tres puntos a tan solo tres minutos para o fin.
Chegaba o Fisober B aínda sen puntuar o Pavillón de San Marcos para enfrontarse o equipo local o Mabegondo.
Comenzaba o partido e a iniciativa era por parte das veteranas xogadoras do Mabegondo que tentaban presionar a saída de balón do filial sempre ben freadas pola porteira visitante nesta primeira metade Catti.
Pero as visitantes co paso dos minutos cada vez sentíanse mellor sobre a pista , gracias o apoio da habitual do primeiro equipo Myrella que daba tranquilidade e desatascaba as súas compañeiras.
As do filial respostaron por medio de María e de Inés con sendos disparos sen demasiado perigo para Ainara.
Pero cando mellor estaban a xogar as da Costa o árbitro pitou un discutido penalti según as visitantes por mans de Laura que se encargou de anotar Encarnación para poñer o 1 a 0 no electrónico a once minutos para o fin desta primeira metade.
As visitantes a pesar desto non baixaron os brazos como si lles tiña pasado noutros partidos, pudo ser que a motivación que traian despois de ver a remontada do equipo A axudara nesto, e seguiron loitando ata o fin da primeira metade a cal chegaron co 1 a 0.
Despois do tempo de lecer parece que a charla dos seus adestradores as do filial xurdiu efecto xa que saíron máis motivadas se cabe e os dous minutos Myrella deixaba ben claras as intencións visitantes para está segunda metade.
Pouco despois foi María a que probou sorte. E a mellora traduciuse en gol cando os 13 minutos Myrella se desfacía de duas xogadoras rivais prantabase no área e cedía para que no segundo pau Inés establecera a igualada no electrónico.
E tan solo dous minutos despois de novo Myrella vía o desmarque de Inés que se introducía no área e cedía para a chegada de María que dun forte zapatazo facía o 1 a 2 e consumaba a remontada visitante.
Neste momento foi cando o equipo local tirou de veteranía e propuxo un partido moito máis físico e de contacto ante as xovenes xogadoras do Fisober.
Aínda así non deixaron de chegar as ocasións do filial e os 18 minutos era Natalia a que lanzaba forte por encima do longueiro e pouco despois foi Iria quen lanzaba desviado.
Pero a tres para o fin de novo unha protestada man polas visitantes daballe unha falta na frontal as de Mabegondo. Do lanzamento da mesma fixose cargo Bibiana quen batío a Martina para lograr a igualada.
O Fisober seguío tentando ata o final pero unha perda de balón a quince segundos do fin, provocou un rebumbio no área que finalmente atrapou a porteira visitante nesta segunda metade Martina con certas dificultades, pero que fixo que conseguiran o seu primeiro punto.
Ademáis do primeiro punto da tempada , destacar que por fin pudo debutar Natalia co equipo e que Inés se estrenou como goleadora en Provincial.
Fotos : Nuria Pérez e partido fronte a Fame Negra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario