MUXÍA C.F. : Ángel Luís, Raul ( minuto 46 Jose Ignacio), Martinciño ( minuto 46 Juni ), Currás, Jose Manuel, Ángel do Claudio, Pataca ( minuto 75 Pesqui, minuto 82 Jose Antonio ), Javi, Ziro, Arxires e Carrera ( minuto 62 Ramón ).
ALCAIÁN : Rizos, Luisito, Diego, Pombo, Dani, Iván Souto, Victor Pazos, David, París e Roberto ( minuto 75 Portillo ).
GOLES : 0-1 minuto 10 París, 0-2 minuto 50 Luisito, 1-2 minuto 79 Juni, 1-3 minuto 86 Portillo.
Moi mal partido o que se disputou nun campo da Arliña na tarde do domingo, un terreo de xogo que comenza a estar en moi mal estado coas catro categorías en liza do Muxía e que na maña de onte tiña de regalo o partido de veteranos entre o Porteño e o Soneira que se levaron os de Vimianzo co resultado de 1 a 5.
Nunha tarde de tan pouco fútbol os visitantes foron máis listos e gracias a dous rápidos saques de falta que colleron durmindo os locais levaronse o partido.
Os sete minutos Pataca solo ante Rizos disparou alto e pouco despois , nunha falta no medio campo ninguén tapou o saque rápido e París collendolle as costas a Martinciño inauguraba o marcador ante Ángel Luís.
Un Ángel Luís que no 17 tiña que frenar de novo o ataque visitante. Seguía o tedioso partido e solo un saque de esquina de Martinciño espertou un pouco os siareiros o estar a piques de facer gol olímpico.
Os visitanes tamén puxeron en apuros a meta local cando case se chegaba o tempo de lecer pero Ángel Luís de novo atallou con seguridade.
A segunda metade comenzou como a primeira, unha falta que nadie tapa e o lateral dereito visitante Luisito faise toda a banda para que un compañeiro saque rápido e o deixe de novo solo ante o meta local e faga o segundo.
O partido foi aínda peor nesta segunda metade si cabe, ata que unha entrada sobre Pesqui que acababa de entrar , terminou co xuvenil lesionado.
Pois esta circunstancia e o maxistral lanzamento de Juni que facía o un a dous, envalentonou os do Muxía que tentaron pechar os visitantes na súa área. Un Muxía que xogou con dez uns minutos, despois o porteiro suplente entrou no campo e Ángel Luís pasou o mediocampo.
Cando os locais e os habituais da Arliña máis achuchaban unha contra terminou cun remate imparable de Portillo e co 1 a 3.
Aínda así os locais loitaron ata o fin e primeiro Juni de novo de falta no 88 buscou a escadra , Arxires cun lanzamento dende a frontal o pau e Currás nun rebumbio na área poideron acurtar distancias para o Muxía.
Despois de sete minutos de descontó debido a lesión de Pesqui e a un golpe que recibiu Ángel do Claudio rematou un partido que solo no último cuarto de hora tivo algo salientable que contar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario