I TROFEO FISOBER C. VIMIANZO
SELECCIÓN DA COSTA 3-1 ORZÁN SD
Campo Municipal de Vimianzo
Selección da Costa: Eva, Elsa, Noelia, Hue, Sara, Ana, Barca, Lara, Nuria, Patri e Alba. Tamén xogaron: Myrella, Ylenia, Maria, Olalla, Tamara e Paula.
Orzán SD: Mari, Raquel, Santos, Anita, Carballo, Nerea, Isa, Eva, Cata, Ani e Soto. Tamen xogaron: Oli e Alba
AFLUENCIA: 200 persoas.
GOLES:
1-0 Nuria
2-0 Noelia
3-0 Alba
3-1 Ani
ARBITROS:
· Julio Domínguez Outes
Boa actuación
CRÓNICA:
Ambiente de festa no Municipal de Vimianzo para presenciar o debut da 1ª Selección da Costa femenina tan so ensombrecido pola chuvia que fixo acto de presenza durante todo o evento.
Un combinado formado por unha selección de xogadoras da Costa da Morte dirixidas polo futbolista local e tamen adestrador do Fisober de fútbol sala femenino, Fran Pioto enfrontabase ó Orzán SD Femenino, único representante da provincia na Segunda División do fútbol femenino estatal e tras certificar un máis que meritorio oitavo posto na mencionada categoría incluindo seu nome entre os catro mellores equipos galegos da actualidade.
O equipo herculino contaba con numerosas baixas no seu plantel debido á festividade de Semana Santa e a que parte das suas estrelas formaban para a escuadra costeira como son as habituais nas alineacións orzanistas Hue, Sara, Barca e Alba.
As aurinegras estaban dirixidas por Diego Fernández (actual adestrador do equipo B) que toma as rendas do conxunto de cara á disputa da Copa Galega na que esta inmerso nestes momentos o Clube.
Partido entretenido e con bo xogo que dominaron na 1ª metade as locais propiciando boas chegadas en combinación sempre baixo a batuta de Barca, moi enchufada todo o encontro.
Ana, Patri e a propia Barca bastaronse para construir as ocasións da Selección da Costa dominando ó mesmo tempo a parcela media do terreo de xogo e gañandolle a partida ó binomio formado por Isa e Nerea.
Nuria en xogada personal desfaciase do seu par para lanzar un misil á escadra dereita de Mari contra o que nada puido facer a meta orzanista.
Noutra boa combinación entre Ana e Barca, era Noelia a que aproveitaba para desnivelar ainda máis o marcador a favor das locais.
Antes do descanso e aproveitando un erro na entrega da meta orzanista, era Alba a que poñia o 3-0 no marcador.
Trala reanudación o Orzán recompuxo líneas adiantando a posición de Isa e formando na medular con Eva o que facilitaba a saida do balón.
O bo xogo de Ani de espaldas o marco e as incisivas entradas de Cata puxeron en serios apuros a meta defendida por Eva en varias ocasión ata que foi a propia Ani a que aproveitou a saida dun corner para establecer o tanteo definitivo do partido
Gran ambiente e expectación para presenciar o encontró con máis de 200 personas na grada entre os que se encontraban os representantes políticos que tomaran parte nas próximas eleccións municipales a Alcaldia de Vimianzo, asi como Miguel, deportista Ilustre do Concello de Vimianzo exfutbolista do Levante, Castellón, Deportivo, Figueres e Montañeiros.
Á finalización do mesmo entregaronse os pertinentes Trofeos de Campión e subcampeón, asi como a de mellor realizadora para Ani (Orzán) e a mellor xogadora para Patri (Sel. Costa).
O evento tamén serviu para que as futbolistas de ambos conxuntos prestaran a sua colaboración na difusión da campaña 1 de 200 da ONG “Implicadas no Desenvolvemento que lucha a favor de la igualdad de géneros y contra el infanticidio femenino en países coma la India”.
Desde a directiva do Fisober queremos agradecer a todos os que colaboraron para que este evento puidera sair adiante:
Concello de Vimianzo, Carniceria Jemisa, Electricidad Manolo, Autos Costa, Supermercado Dia, Hamburgueseria London e a Soneira SD.
Agradecer tamen o seu traballo desinteresado a Leiva e Kiko (directivos do Soneira) asi como tamén a Maria Jose.
No hay comentarios:
Publicar un comentario