Hoxe martes enfrontanse dous equipos no que xogan dous dos mitos do fútbol europeo do momento. No Schalke o español Raúl González Blanco e no Manchester United o galés Ryan Giggs.
Dous xogadores con diferentes finais de carreira. Namentras o galés Ryan Giggs é unha intitución en Manchester e historia viva do clube, un idolo e o referente dunha fornada de canteiráns inigualable que sacou o escoces Sir Alex Ferguson. Da que saíron os irmáns Neville, Nicky Butt, David Beckham ou Paul Scholes entre outros.
Pero o eterno extremo galés que nos seus últimos tempos se converteu en interior e incluso en mediocentro, segue a gozar de minutos importantes no clube e a batir tódolos records. Un incrible é que marcou en tódalas tempadas Premier que disputou e creo que xa vai pola vinte.
En cambio Raúl, quen non coñece a Raul no noso pais, máximo goleador histórico da Champions e das competicións europeas. Tivo que deixar o Real Madrid para voltar a sentirse valorado. Algo que sería impensable en Inglaterra. Non veríamos a Giggs noutro clube. Onde os mitos son mitos ata o final. Pero en España eso é máis difícil, e un xogador que o foi todo no Real Madrid viuse obrigado a emigrar para demostrar que seguía vivo, como recentemente declarou.
Foise para Schalke e nadie cría ou case nadie , que podería aportar algo, e de súpeto converteuse en historia do seu novo clube. Axudou cos seus cinco goles e sobre todo coa súa experiencia a levar os alemáns por primeira vez na súa vida a semifinais de Champions, ademáis un gol seu meteunos na final de Copa. O final do encontro co actual campión de Europa o Inter amosou todo o que representa Raul no seu novo clube.
No medio da grada e cos siareiros enfervorizados foi presentado como o “ Deus “ Raúl e sin querelo voltou a ser observado polo madridismo dende a distancia coma un xogador de culto.
Sir Alex recoñeceu que quixo fichalo este ano para o United e non parece raro, xa que na tempada 2002-2003 despois do encontro de cuartos de Champions que o Real Madrid gañou 3-1 o United o escocés declarou que o único que pido para o encontro de volta é que lle retiren o visado a Raúl. Non foi o visado pero si unha apendicite o que lle impediu xogar en Old Trafford o malo para Sir Alex foi que se atopou con Ronaldo e os seus 3 goles.
O dito as diferenzas de trato e a pouca memoria con xogadores que o dan todo por un clube e a cultura de respecto os veteranos e algo que debiamos aprender da Premier.
Senón que llo pregunten a Michel Salgado que está encantado en Blackburn, tamén tratado coma un ídolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario