LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – CONCELLO DE MOS. 5-3.
FISOBER C. VIMIANZO : Paula, Patri, Elsa, Ana e Olalla, tamén xogaron : Eva e Barca.
CONCELLO DE MOS: Nerea, Catarina, Adriana, Sara Graña e Sara Touriño, tamén xogaron : Andrea Pérez, Andrea Mariño, Damaris, Vanesa, Silvia e Asun.
ÁRBITROS : Miguel Santomil e Francisco Vilouta.
GOLES: 1-0 Olalla, 1-1 Catarina, 2-1 Eva, 2-2 Damaris, 2-3 Damaris, 3-3 Ana, 4-3 Patri, 5-3 Patri.
Partido disputado en Muxía na tarde do sábado, no que o Fisober fixo un dos seus peores partidos desta tempada moi imprecisas sobre todo no pase, pero que conseguiu sacar os 3 puntos clave cando non tes o teu mellor día e ademáis viu como Olalla a conseguía o seu primeiro gol en Liga Autonómica.
Comenzou lanzado o Fisober que xa no primeiro minuto vía como Patri tiña unha ocasión. E no segundo minuto a mesma Patri era derribada na área co conseguinte penalti. Unha pena máxima que se encargou de anotar Olalla para adiantar as súas.
Pero pouco durou a ledicia xa que un minuto despois era Catarina quen de cabeza despois dun saque de esquina a que devolvía as táboas o marcador. Un gol que tivo un efecto adormecedor nas locias que perderon toda a súa forza inicial e entrou no ritmo que marcaban as visitantes.
Pero mediada esta primeira metade a local Eva voltaba a poñer en vantaxe as súas cun disparo cruzado.
E o igual que antes a ledicia pouco durou xa que Damaris enviaba o balón o longueiro case deseguido. E en dous minutos a mesma Damaris no 12 e no 14 poñía con dous goles en vantaxe as visitantes nun abrir e pechar de ollos.
Desta vez foi Patri quen respondeu cun tiro o pau, pero o balón non entrou e o descanso chegouse con vantaxe visitante.
A segunda metade principiou igual, as visitantes tentando mandar balóns a Catarina na posición de pivote e crear perigo dende ahí e as locais na busca da remontada. Foi a muxiana Patri quen tomou o mando das de Fisober e gozou das mellores ocasións das locais. Pero ata en 3 ocasións se topou ca porteira do equipo de Mos a capitana Asun. As visitantes esperaban a súa para ampliar vantaxe e Adriana a piques estivo de logralo.
Pero de forma inversa a primeira metade desta vez foi Fisober quen remontou o partido en dous minutos con 3 goles. Primeiro Ana lograba o 3-3 no minuto 12, case acto seguido Patri poñía en vantaxe as locais facendo o 4-3. E solo dous minutos despois a mesma Patri conseguía o 5-3 definitivo.
Despois seis minutos ata o fin para unha nova victoria do Fisober que segue a mellorar os seus números nesta segunda volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario