LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : LEIS PONTEVEDRA – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO: 6-4.
LEIS : Irene, Begoña, Elena, Carmen e Yolanda; tamén xogaron : Gema, Luz, Sara, Magari, Andrea, Carla e Andrea Curra.
FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Olalla e Ana; tamén xogaron: Alba, Noelia e Myrella.
ÁRBITROS : Sergio Abilleira e Alfredo Castro.
GOLES : 1-O Carmen, 1-1 Myrella, 2-1 Begoña, 2-2 Patri, 3-2 Begoña, 4-2 Elena, 4-3 Patri, 5-3 Elena, 5-4 Noelia, 6-4 Gema.
Partido moi emocionante e de moito ida e volta o disputado na maña do domingo en Pontevedra, no que o Fisober encaixou a segunda derrota da segunda volta, contra o segundo clasificado que dispuxo de xogadoras de División de Prata para o compromiso.Compre recordar que as de Fisober solo perderon co primeiro e segundo clasificado nesta volta, nun partido que non podían disputar Andrea, Eva e Barca pero que foron ben suplidas por xogadoras do filial.
As de Leis non querían dilapidar as súas opcións de título e saíron a por todas e xa no minuto 2 se adiantaron no electrónico gracias a un disparo de Carmen, que nun primeiro momento o árbitro non vira que entrara e dou gol a instancias do seu mesa, certo é que cremos que acertou.
Con desvantaxe de saída atopabase o Fisober e Patri tentou igualar pero non pudo. Transcorría a primeira metade con certas imprecisións por ambolos dous conxuntos cando a local Gema dispuña dunha ocasión ante Paula moi segura toda a maña. A cal respondía Alba para as de Fisober sin o éxito apetecido. Case no mesmo minuto 8 un perigoso tiro de Noelía deixaba o rexeite para Elsa que non era quen de superar a Irene.
Mediada a primeira metade de novo Gema tiña unha inmellorable ocasión a cal respondía a capitana de Fisober Ana. O ida e volta e as ocasións eran constantes a pesares do calor que facía no Pavillón e o esixente do partido.
Os 13 minutos a local Begoña a piques estaba de aumentar a vantaxe local, pero na contra Ana conducía en superioridade e vía a Myrella para que a pracer igualase o partido. De novo sen tempo a tomar aire un tiro da xogadora de Leis, Begoña facía intervir a Paula e o rexeite non era capaz de materializalo Andrea. A resposta por parte de Fisober foi case inmediata pero cando Olalla se dispuña a adiantar as súas unha xogadora local puxo a punteira para impedilo.
E no turno de Leis de novo Begoña probaba a Paula e Andrea Curra tampouco era quen de superala. Pero a tres minutos do final desta vez si Begoña atinaba ca escadra e adiantaba de novo as locais.
Fisober non quería ir en desvantaxe o intermedio e nun roubo de balón de Patri a escasos segundos do fin encarou a porteira local Irene e o seu lanzamento foise lambendo o pau.
Comenzaba a segunda metade cun ataque de Fisober no que Ana en boca de gol vía como unha xogadora local se lle adiantaba no último segundo, pero quedaba doida na acción, ante a preocupación das xogadoras de Fisober dunha posible recaída da lesión de xeonllo da capitana, o final quedouse nun golpe no pé pendente do diagnóstico para saber a gravedade. No saque Patri que fora atender a Ana na anterior xogada non se deu de conta que tiña que devolver o balón e marcou o empate ante a incredulidade das locais que quedaran paradas.
Fisober sabedor que non fora correcta a acción deixouse marcar o 3-2 no saque de centro para devolver as cousas a como deberían estar e conforme o xogo limpo.
Patri enrabietada pola curiosa acción anterior tentou empatar case deseguido pero non acertou. Quen si acertou foi no minuto 3 desta segunda metade a local Elena para poñer con dous goles de vantaxe as súas.
Perante uns minutos os dous equipos tomaronse un descanso e deixaronse ir ata que no minuto 8 Patri reducía vantaxes co 4 a 3. Con esta acción espertou Leis que encadeou accións de perigo por parte de Yolanda, Elena e Carmen nos seguintes minutos as cales non conseguiron batir a Paula. Pero a catro do remate do partido unha xogada de paredes e combinacións de todas as xogadoras de Leis deixou que Elena marcase a pracer.
Non se rendeu Fisober e creou perigo cun disparo de Noelia o cal no toma e daca que foi todo o partido a local Andrea Curra respostou tamén sin éxito. A un minuto e corenta segundos para o fin do partido dispuña Fisober dun dobre penalti que Noelia transformaba para poñer o apretado 5 a 4.
De novo emoción e ante a presión visitante as de Leis trenzaban unha xogada que Gema erraba insospeitadamente. Apretaban as visitantes con máis corazón que cabeza e a 15 segundos do fin Gema arranxaba nunha contra cun dereitazo incrible o erro anterior e certificaba a victoria de Leis por 6 a 4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario