jueves, 30 de julio de 2026

O Muxía na Copa do Rei?

 Un que escribe leva meses vacilando a coñecidos que son socios do Raio e do Levante, dende que gañamos a desexada Copa da Costa en Vimianzo,que van ter que vir xogar a Copa do Rei a Muxía.



Sabemos que a Arliña non cumpre os requisitos e que non vai pasar pero ata o sábado mantemos a ilusión e o vacile, porque o sábado comenza e igual xa se nos acaba o camiño.


No torneo masculino da Copa Deputación da Coruña que se disputará no campo de Gallamonde, en Miño, o Muxía, campión da Copa da Costa 2025–2026, enfrontarase ao O Val nun partido programado para as 12:30 horas. Ambos conxuntos competirán na categoría de Primeira Futgal. 


O San Tirso medirase ao Negreira ás 10:30 horas nunha semifinal inaugural de gran potencial, dado que ambos conxuntos participaron anteriormente nas eliminatorias de ascenso á Tercera RFEF. 


Os gañadores de ambas as semifinais loitarán polo título ás 19:00 horas.


O equipo que se proclame campión asegurará unha praza na Supercopa Galicia, un torneo que se disputa a dobre partido os días 9 e 16 de agosto (semis) e 23 e 30 de agosto (final). A semi do lado ó que chegaría o Muxía sería versus Guntín de Lugo. Airiense vs Alertanavia na outra.



Xa sabemos que o 23 temos o Manolo Martín e que os xogadores queren xogar contra o Pontevedra e o Bergan, igual a todo non damos.


 Isto mantén viva a aspiración de chegar á Copa del Rei, xa que o gañador desa competición obtén unha praza na rolda preliminar, un logro acadado tanto polo San Tirso coma polo Negreira nas dúas últimas tempadas, por certo o Negreira caiu o ano pasado ca Real, que a postre foi campión en Sevilla.


O que se leve a Supercopa, xogará unha eliminatoria normalmente fronte a un equipo de Cantabria ou Asturias na espera do ansiado equipo de Primeira na Copa do Rei.


P.d. : Como novidade desta edición, as convocatorias serán de 25 xogadores por equipo, sendo os cambios ilimitados. Esta medida adóptase para favorecer o espectáculo e poder celebrar a competición no mesmo día.


Aquí eliximos soñar ata sábado polo menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario