sábado, 11 de julio de 2026

Luigi ' s Facts : Mou.

 Hoxe un pouco de Facts con Mou.



Neste blog fai cero ilusión a volta de Mou, está tan acabado ou máis ca Scariolo e xa sabemos como lle foi. Dende que se foi de aquí, nada reseñable. Tampouco o queríamos na primeira etapa, pero recoñecémoslle o mérito, coma Capello de ser o xerme dun gran Madrid, pero non todo vai sair como Carletto.


Quen ilusionaba era Xabi e a pesares de que non ia como se esperaba, non merecía ser cesado, e visto o visto, solo serviu para empoderar a uns xogadores que por certo siguen. Premio para os da cama, a festa e as pelexas, club sin rumbo.


O equipo necesita mellorar a defensa e medio, e salvo Cucu, fichouse un central que sembra moitas dubidas e un lateral na costa abaixo. Siguen dous centrais de nivel pero semi retirados polas lesións que lles forzamos, como Rudi e Militao, Dean que necesita un contexto e Asencio que non da o nivel. Porque non mirar a Gila? Falta un central Top cando menos e un rapaz por Asencio.


Para o medio outro vello como Bernardo, en vez de apostar por Nico, e para a banda tampouco pensamos en Víctor.


Deixamos o medio que leva naufragando dous anos. Fai falla un xerador de xogo. A xente fala de Rodri, aquí non gusta por como está físicamente, pero mellora moito o que temos sen dúbida. Hai que traballar e marear o mercado, non o crack ou ningún. A importancia do entorno e sistema no que te moves, vímolo nos portugueses do Psg, que necesitas, para o que vas plantexar . Rodri é bo, pero está para sopiñas e iso no Madrid é dez meses lesionado, busca ou fabrica un . Por certo o infravalorado que está o perfil Dani Olmo.



Tamén deixamos o tridente máxico que non pega xunto nin con cola. Van ben por separado pero xuntos, non funciona. Desfacerse dun para compensar o medio, iso non. A min si son moi bos na súa sele e no Madrid nada, pois non me chama, aquí queremos que funcionen no Madrid.


Sinceramente, ilusión cero no proxecto. Para que meu pai diga que non o ve, xa se pode creer.


Facía falta mover máis o vestiario para asustar a algún. Solo houbo saídas fáciles. O ano pasado pedín a Joan García, como relevo dun Tibú que se nos vai apagando, lesión a lesión. A portería pronto vai ser un problema. E iso que foi do pouco fiable o ano pasado.


Nin ca nosa rapazada nos ilusionan, usana de carteira, pero nin unha oportunidade.



Facer o mesmo cos mesmos, éxito asegurado. Pensar que é un problema de adestrador novamente, a tumba de Flo.


Anteriormente:


Mou End.

Egos e Mou.

Mou e Valdano.

Fala Mcarloso.

Ali sobre Flo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario