miércoles, 18 de enero de 2023

Spoiler.

 Vouvos facer Spoiler sobre o partido de mañán que por certo vai en aberto pola 1, para que todo o madridismo e o antimadridismo vexan o que hai. O Carlo vai saír cos máximos titulares posibles, cero opcións a canteira, e vamos caer eliminados igual, recordades Bilbao o ano pasado a que montou, pois iso.



Non xoga Lunin dos poucos suplentes de garantías que temos, vai xogar Vini Tobias. Por certo non sei que pinta o pobre de Lunin aquí, está tirando súa carreira ao garete, que si que Tibú é o mellor pero podes darlle a Copa ao chaval Carlo.

Con Vini estades ilusionados e como di o carballés Vilarino hai dúas posibilidades: que invente unha ñapa con calquera do primeiro equipo ou que xogue e lle pida que sexa Cafú e se non o é que lle poña a cruz coma a Miguel Guti. Incluso Miguel, Arribas ou quen fora tiñan máis opcións con Zizou que xa é dicir. O papel de Vini posiblemente poñer samba no discman do vestiario.

O Madrid debería ter claro que o Carlo non é o adestrador para o novo ciclo. Debería ser un técnico que non faga o troco fácil o que menos molesta, ser agresivos e ofensivos dende o banco. Porque o Carlo non vai mudar, el prefire usar a un xogador do primeiro equipo que a un canteirán, pois haberá que usar outro adestrador. Pero claro despois chega outro adestrador e fai o mesmo. 

Sinceramente digo que había que usar estas competicións para probar outras cousas, si estando na B non contaches con Hazard, Mariano, Vallejo  e demais para que os tes, porque non usas chavales. Se non os queres ostracismo, pero non queimes os bos sempre que os fundes.

O do domingo debería levar a tomar decisións se non se quere tirar a tempada ao lixo e sobre todo co calendario que toca.

Xuntousenos todo como di Escorial  o pre-Mundial o post Mundial, o xaneiro do Carlo, do Pintus, xogadores que por idade xa non podemos mesturar, a cabeciña post títulos, que temos un plantel xustiño e que estamos a pagar millonadas a ex futbolistas.....

Non exite unha estructura traballada tácticamente para limar defectos e queremos xogar ao mesmo, xoguemos cos xogadores que xoguemos e estando na forma física que estean.

O Madrid leva todo o ano mal traballado, encaixando goles e goles, ocasións e ocasións, sexa o rival que sexa, facendo o xusto.

No pre Mundial fomos tirando de Fede, Vini, Rodry e Kroos e pouco máis, pero fomos tirando. 

Pois igual xa non podes xuntar a Lukita con Toni, igual tes que pedirlle que deixe a sele. Igual non tes que quitar sempre aos chavales e darlle cinco partidos seguidos.

Pero claro o mister quere salvar o cú e vai queimar nos que confía e que sexa o que deus queira, onde vai o Hazard volve coma un toro, Mariano desta si, Odriozola é o lateral........ quen compra iso, mira que intentan burrearnos dende dentro.

E claro pensas nos despachos ninguén ve esto. Ninguén ve as carencias, nos laterais, da dianteira, no extremo dereito, ninguén di proba os chavales antes cos retirados. Vale que queren que suba o Castela, pero iso non debería ser a prioridade dun filial, senón sacar xogadores válidos.

Vai todo encamiñado a xogarnos todo co Pool e de novo sen crear nada, sen riscos nas competicións que son para iso, para experimentar sen queimar.

Temos a Ody triunfando polo mundo, ao Kubo, Miguel....., a Arribas pudrindose no filial, con Peter, Rafa e demais a outros que por malas cesións nin iso, pero sin probalos arriba, e vendo como os Hazard, Mariano, Odriozola ou Vallejo si puideron ter as súas, en fin. Eses serán os que teñan que remontar mañán o partido e o domingo ......., eses seguro que non teñen futuro no Madrid, os chavales igual tampouco pero teñen aínda opcións ou deberían.

A nosa canteira está pésimamente xestionada e solo sirve para dar beneficios, pero un filial como dixemos antes debería estar para dar xogadores do primeiro equipo e máis se supostamente non podemos competir cas grandes fortunas.  Gañar cos filiais non é levantar copiñas. Por certo na convocatoria do filial ademais do terceiro porteiro solo vai Tobias e Mario Martín que supuestamente xoga hoxe ca sub19 fronte a Italia, polo menos nese partido si ten opcións de xogar, non os Arribas ou Dotor que están a petar con goles abaixo.

Un xogador de 18-19-20 anos comete erros froito da inmadurez, Vini, Cama....,non de falla de talento, madurez que se consigue con minutos, acertos i erros. Se cada vez que a pifias che trocan, pois estante minando, imposible coller confianza e serenidade.

Non podemos estrenar o estadio cun equipo vello e en demolición. Deberíamos aproveitar as obras para todo. Que senón se lesionan o Churu e Varane a saber onde anda ahora Militao e o mister era ZZ por certo, que todo e falar  mal de Mendy pero nin mú de Carvajal.....problema de club "clara"mente.

Un club serio comete erros pero afróntaos, e o prazo para os erros tipo Mariano, Odriozola, Hazard xa caducou. E un adestrador serio levaría polo menos catro canteiráns que son os que podes ter no campo creo. Ou xogaría con defensa de cinco que é a que mellor lle vai a  Rudi e Tobias. Polo menos deixou a Lukita na casa, algo é algo.

O medo mata mais cas espadas.

Non vos queimedes mañán que aquí está o spoiler. Vilarreal, Bilbao e Real é o que se nos ven enriba.

Anteriormente:

Xaneiro Carletiano.

Pre Mundial.

Rt Vallekas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario