Fai uns días recordábamos
a través das redes as entrevistas que fixemos fai once anos e como os
seguidores o solicitaron, falamos con Barca Toba que fora a primeira daquelas entrevistas no blog aló polo 2011, para actualizarnos e ver se lle cambiou a vida.
Unha muxiana que tanto é
terceira ou cuarta no campeonato galego
de contrareloxo os últimos anos, como disputa unha volta ciclista a Portugal. A
vez é subcampiona do circuito galego
duatlón de estrada. A nivel de clubs terceira no campionato de España de clubs
elite de duatlón.
Gañou xa dúas veces o
Gran Fondo Ézaro, sendo a primeira muller en debutar e conseguir o triunfo, tamén
venceu o Gran Fondo Ancares. E moitos
outros éxitos nas diferentes disciplinas que practica.
Este ano busca mellorar
postos en duatlón tanto a nivel
nacional, como acadar o campionato a nivel galego.
Unha Barca que garda a maoiría dos seus trofeos e metais en Muxía nunha habitación na casa familiar, algunha outra tamén na Coruña onde vive. Os dorsais gardaos xunto coas aparicións na prensa seu pai nun albun que custodia coma ouro en pano.
Dalle a todo Barca, a ver que nos conta na entrevista.
- Sabemos que busca sponsor,si xa ten algún
fálenos deles, publiciteos que o merecen?
Este ano teño a sorte de
ter algún patrocinio, algunha axuda, aquí na Coruña a tenda de bicis Ciclos Quintena bótame unha man en
canto a reparación da bici, cambios que poda ter, arranxos a nivel mecánico e
tamén a nivel de suplementación.
Teño tamén a oportunidade
de tamén poder contar co apoio do Restaurante
Son de Mar e Casa do Peixe de
Muxía que se interesaron e quixeron colaborar a nivel de gastos que supoñe unha
tempada de duatlón e ciclismo.
Sobre todo destacar a súa axuda, que che boten unha man aínda que
sexa pequena sempre axuda e motiva a seguir e darse conta que valoran o teu
esforzó, entón destacalo e moi agradecida.
-Que cousas cambiaron e que cousas permanecen da
Barca de fai 11 anos?
Risas, buff, eu penso que
o único que cambio foi o deporte porque permanecer, permanece ese espírito de
sacrificio , superación, competitividade. Sempre me considerei unha persoa moi
competitiva que lle gusta ganar, pero todo a base de traballo, esforzó… Penso
que eso é o que permance ese espírito de
sacrificio, loita, constancia… todo eso é o meu ADN que foi cando xogaba o
fútbol sala, fútbol e ahora mismo igual, o único que cambiou sería o deporte
que practico.
-Vostede foi das que abrío camiño na Costa. Agora
é máis fácil ser muller e deportista ou sigue sendo igual de difícil?
Si, a ver, antes era máis
difícil, si que é certo que os tempos cambiaron un montón pero aínda queda
moitísimo, pero moitísimo por cambiar, as diferencias son aínda moi grandes
pero si que é certo que a nivel de fútbol por exemplo eu cando empecei, empecei
a xogar con homes, ahora mismo xogar con mulleres é moito máis fácil, hai moitos equipos, as
axudas tamén van crecendo.
A nivel de outros
deportes, pois bueno, sigo habendo moitas diferencias, ser muller e deportista
non é nada fácil, vivir desto moi poucas mulleres se poden permitir o luxo de
vivir do deporte. Si é certo como digo
os tempos están cambiando i esperemos que sigamos nesta liña. Sobre todo
abrindo camiño, dándolle a entender a sociedade que as mulleres tamén merecemos
os mesmos dereitos que un home. Ao final esforzámonos o mesmo ca eles, horas de
adestramento, competicións… necesitamos que todo esto vaia crecendo.
- Pareceunos ver nunha foto que puxeron o seu nome nunha aula,
é iso verdade?
Pois si, puxeron meu nome
nunha aula e a verdade que me fixo moita ilusión. Nun dos coles no que estiven
fai tres anos na Coruña, no CEIP San Jurjo de Carricarte e bueno como era o día
da muller intentaron buscar pioneiras dos diferentes deportes e sobre todo da
zona e consideraron oportuno darme ese mérito e a día de hoxe alí sigue a aula co
meu nome. Fíxome moita ilusión e sobre todo ter unha aula co teu nome e que a
sigan mantendo a pesar de que xa non estou nese cole, a verdade é que fai moita
ilusión que recoñezan o meu traballo.
- “Tododeportista” como é pasou polo fútbol,
futsal, atletismo, ciclismo…, individual, equipo, parella,…non sei se nos
deixamos algo, que lle aporta ou aportou cada un?
Pois si,
“tododeportista”, fútbol, fútbol sala, atletismo, ciclismo…. pois cada un
apórtame. Eu considérome futbolista, esta claro que a miña vida foi marcada
polo fútbol ata os 27 anos. Ao final o fútbol deume moitos valores e sobre todo
deume moitas compañeiras, amigas máis ben.
En canto ao atletismo,
ciclismo, déronme a conocer moita xente e sobre todo valores de esforzo,
compañerismo, superación, todo o que che sole dar o deporte en si.
Eu considero o meu estilo
de vida, entón bueno, apórtame moito, non considero a miña vida ahora mismo sin
o deporte. Dende pequeniña practiquei deporte e non me vexo fora del, polo
menos ahora. A largo prazo supoñe que me adicarei máis dende outro punto de
vista, pero sempre practicando algo.
-Recordando once anos atrás, como lembra os tempos
do Orzán que de feito foi o xerme do actual Depor feminino?
Os tempos do Orzán, a ver
un pouquiño de nostalxia. Foron moi bos tempos, e alégrome que actualmente sexa
o Depor feminino. O final alí todo o que empezamos, pois bueno, foi difícil
pois éramos un equipo que se formou
pouco a pouco. Un dos primeiros equipos da Coruña. Tivemos a sorte de
atopar un adestrador que se implicou
moito como foi Manu e eu todo o que podo recordar desa etapa é maravilloso. A
verdade é que foi unha moi boa etapa e como digo alégrome que despois gracias a
ir empezando aquí haxa un equipo referente como é o Depor.
- Que opina da creación do Real Madrid feminino,
chegou tarde para vostede, risas?
Risas, si que chegou
tarde. Si que me fai ilusión que haxa cada vez máis equipos femininos e que os
clubs grandes se estean a interesar pola parcela feminina. Por outra banda si
que me entra un pouquiño de nostalxia de dicir, jo, porque non antes, pero
bueno é parte da vida e non toca máis que aceptar e sobre todo iso que os clubs
grandes vaian apostando por sección femininas, así debería ser.
- E do Fisober, un equipo feminino da Costa que
chegou a estar cinco anos na categoría de Prata en dúas etapas diferentes?
Que dicir do Fisober,
para min considero unha familia. Chegamos a estar efectivamente en Prata. Dicir
que fixemos cousas que están ao alcance de moi poucos equipos porque solo
podíamos adestrar un día a semana. Conseguimos ser campeonas de liga Autonómica, conseguimos ascender a Prata, ir ao campeonato de España…todo esto
con moi pouquiños recursos pero con moita ilusión. O final un grupo de amigas
que fixo que o nome da Costa da Morte estivera a nivel nacional e penso que moi
ben representado a verdade. Para min o Fisober foi todo, a verdade é que épocas
maravillosas tamén.
- Pensou algunha vez vivir unha pandemia, unha
persoa tan activa coma vostede como fixo para non parar?
Non, nunca pensei vivir
unha pandemia. Sinceramente eu paseino mal porque fixo que dera conta do tanto
que me gustaba a competición, sobre todo a competición. Ter que parar, non
saber cando volveríamos a competir, si que é algo que me fixo ver realmente que
son máis competitiva incluso do que eu creía.
Seguín adestrando, como
se podía na casa pero a base de meterle moita motivación, porque non había
obxectivos e fíxose moi difícil, pero como digo gústame moito o deporte e
intentei seguir adestrando na casa como se podía.
- Pensa que algún día será adestradora dalgún dos
deportes que practica?
Non o sei a verdade. O de
adestradora a día de hoxe non mo planteo porque prefiro seguir activa uns anos
máis e a largo prazo podería ser, gústame moito o deporte e gústame motivar a
xente a que o practique polo tanto non descarto que igual si me poidese adicar
a adestrar, pero non o sei a vida da tantas voltas.
-Que espera deste 2022?
Eu solo lle pido sobre
todo saúde, porque se non tes saúde non tes nada. Solo lle pido eso, ao final
os obxectivos que buscamos a nivel deportivo si te lesionas ou tes calquer
problema de saúde non se poden facer. Saúde e que manteña os que teño cerca,
non pido máis.
Por certo quen queira
patrocinar a Barca Toba pode poñerse en contacto con ela a través das súas
redes sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario