LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – CRUCES F.S. F. : 2-4
FISOBER B : Anabel, Tamara, Andrea Piroja, Laura e
Andrea Muiño ; tamén xogaron : Paula Fandiño, Alejandra, Nuriña e Paula.
CRUCES : Carmen,
Ana, Mónica, Cruz e Tania ; tamén xogaron : Paula, Giselle e Silvia.
ÁRBITRO : Jorge
Varela , CRONO : María J. Mallo.
GOLES : 0-1 Ana, 1-1 Paula Fandiño, 1-2 Mónica , ( descanso) 1-3 Ana, 1-4 Ana, 2-4 Paula Fandiño.
Este sábado en
Vimianzo disputouse o primeiro partido de Liga para o filial do Fisober que
rematou ca vitoria do Cruces, equipo debutante na categoría.
Non foi un bo
partido das locais no que cabe salientar que debutaron en partido oficial Andrea Muiño e a infantil Nuriña.
O partido
arrancou con dominio local e cunhas visitantes esperando en media pista,
prestas para saír en perigosas contras. Así apareceu algunha ocasión en ambas
porterías pero máis froito de erros que de boas combinacións.
Ata que medida
esta primeira metade a visitante Ana aproveitaba unha contra para marcar o primeiro gol do seu equipo no
partido e tamén na competición.
Comezaron os nervios nas xogadoras locais, que
aínda así lograron igualar o partido cun lanzamento de Paula Fandiño que petou
nunha xogadora visitante.
Pouco lles durou
a ledicia as locais, xa que unha nova
contra visitante foi aproveitada esta vez por Mónica para facer o un a dous co
que se chegou o tempo de lecer.
A volta dos
vestiarios o partido seguiu baixo os mesmos parámetros, as locais tentando
igualar e as visitantes saíndo a contra.
Pero de novo Ana
mediada esta segunda metade desfixo as
esperanzas locais, primeiro cun lanzamento lonxano e despois aproveitando unha
serie de rexeites poñía no electrónico un desesperanzador un a catro .
Un tempo morto
local activou un pouco as súas , que
comezaron a pechar as visitantes. A seis para o fin de novo Paula Fandiño
acurtaba distancia.
As locais
buscaron a igualada con máis corazón que cabeza nestes últimos minutos ,
aproveitando a nova reglamentación de Provincial no que os últimos cinco
minutos de cada tempo son a tempo parado.Pero a pesares de que tiveron ocasións
non foron quen de materializalas.
En definitiva
xusta vitoria visitante que leu
perfectamente o partido ante un filial que debe traballar para mellorar.
Recordar que o
vindeiro sábado día 4 a partires das dez da noite no Pavillón de Vimianzo os membros da Peña Marea Nejra do
Fisober organizan unha paellada con motivo do décimo aniversario
do clube a cal invitan a tódalas xogadoras, ex – xogadoras e siareiros en
xeral.
Antes as sete
poderán disfrutar do debut esta tempada
en Liga Nacional do equipo fronte o Leganés. O equipo filial desprázase a
Betanzos para xogar fronte o Troula con horario aínda por determinar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario