COPA XUNTA
RESULTADO : HÉRCULES
– FISOBER F.S.F. : 6-3
HÉRCULES :
Anabel, Rita, Monchi, Bego e Sara , tamén xogaron : Anita, Laura López e Laura
Rivas.
FISOBER : Leti, Mai, Ana, Noelia e Inés ; tamén
xogaron : Raquel, Paula Fandiño e Laura.
ÁRBITROS : José
Fernández i Eduardo Castro , CRONO :
Fernando Barros.
GOLES : 1-0 Sara,
( descanso ), 2-0 Monchi , 3-0 Rita, 4-0Monchi , 5-0 Monchi, 5-1 Raquel, 6-1
Sara, 6-2 Inés, 6-3 Inés.
Segundo partido
da Copa Xunta para o Fisober disputado o sábado na Coruña, onde caeu ante o
Hércules quedando xa eliminado da competición a falta de un partido que se
disputará o vindeiro mércores fronte o Cidade das Burgas.
As da Costa non
tiveron a intensidade que amosaron fronte o Amarelle e iso xuntouse cun día
aciago o que as levou a perder sen paliativos fronte o actual campión
autonómico.
A primeira metade
estivo igualada con ocasións para ambos lados e cun gran protagonismo das
porteiras , tanto a local Anabel como a visitante Leti.
Pero a única que
foi capaz de perforar a portería contraria foi Sara nunha contra que finalizou
a pracer despois dunha gran combinación.
Tralo gol os dous
equipos continuaron cas ocasións pero as porteiras seguían inspiradas.
Na segunda metade
Monchi ( orixinaria de Os Muiños-Muxía ) ,os tres minutos facía o dous a cero
que foi unha lousa para o Fisober. Dende este momento perdeu totalmente o
control do partido. Iso si seguían aparecendo ocasións en ambas porterías. Aínda que ata mediada esta segunda metade non
recibiu máis goles.
A falta de dez, nove
e oito para o fin recibiu tres goles consecutivos obra da fisterrana Rita e
dous obra de Monchi.
Así chegouse a
uns últimos minutos tolos cheos de goles, onde marcaba Sara para as locais e
Raquel e Inés por dúas veces para as visitantes.
Partido para aprender dos erros cometidos e seguir sumando
minutos de cara a esta difícil tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario