Contra o Basilea
por fin vin un partido do Real Madrid,
na casa e con tranquilidade o que me
permitiu observar as carencias que
ten o equipo. Vólvenme os mesmos medos ca un ano antes, alá por estas datas do
ano pasado falaba de EQUILIBRIO e DESILUSIÓN pois este ano acrecéntanse un
pouco máis se cabe. O problema volve a ser de actitude coma de cote.
A min o resultado
non me casa co que vin no céspede. Vin un equipo cheo de divos con cero ganas de axudar abaixo o que nos vai provocar graves
problemas defensivos se non se aplican. Dous medios non moi defensivos por
certo non poden conter todo o torrente que lles chega se ningún dos catro de
arriba axuda e iso é o que pasa , non
axuda ninguén. Carencias no
mediocampo e divismo, así se resume o problema, xunto con falta de
concentración, falta de actitude e de
forma , desastre asegurado.
James, Cristiano,
Bale e Benzema apenas axudan, se lle xuntamos que Kroos e Modric non son especialistas,
danos como resultado un balance
defensivo nefasto e a pouco que nos colla un equipo ordenadiño pois
chegaran os problemas. Vamos perder moitos partidos.
O retorno defensivo é inexistente e a
ocupación de espazos penosa. Nin de que as liñas voltan a estar moi
separadas, con tanto xogador que non baixa polo
menos xunta liñas arriba na saída de balón. Non vou falar de que nos falta
un medio “cabra loca” do que xa
falei. Debería falar de que o home que
nos podía dar estabilidade chámase Illarramendi pero como o mister non confía
pois non hai nada que facer.
Tampouco vou
falar de que estamos nas mans ou mellor
dito nos pes de Khedira ( xogador que implicado é do meu gusto por certo ) o cal remata contrato e se vai borrar cando
poda, xa se está a ver, non di moitopola nosa xestión deportiva. Non vou
falar de que con Kroos, Modric, Illarra e Khedira non aguantamos a tempada e
menos se non rota nada.
Solución
reconvertir a alguén para o sitio de “cabra
loca” , Marcelo ou Coentrao,
falaron de Bale que sería perfecto
si tivera gañas de facelo, eu opino o mesmo. De feito con Bale e James en
esquerda e Cristiano en dereita pois vería unha opción. Pero o que hai que ter
e gañas de traballar, defender , xuntar
liñas como na Final de Copa ou en Munich e rotar, rotar e rotar. Que a xente se curre o posto. Non poden
ter o posto aseguardo 9 de 11, así mal nos irá.
A xestión
deportiva pode pasar de entre interrogantes como é neste momento a nefasta se
non se fai unha utilización racional do plantel. Como digo sempre de Marzo pa
diante os teóricos suplentes son os que che van a gañar o títulos.
Por certo cos chupóns que temos arriba , aínda
queriades poñer a Falcao tamén, non
hai balóns para todos sempre o dixen, Benzema é perfecto para Cristiano, James,
Bale e Isco, el debe dar goles máis que marcalos.
En definitiva o teñen ganas de currar ou vámolo pasar moi mal
incluso para estar nos tres primeiros na Liga e digo en Setembro, e senón o
sábado primeiro exemplo fronte a un Depor que non ten nada pero que cas ansías
que xogou onte o Real Madrid fainos pinchar seguro e senón o tempo. EFECTO MAKELELE 2 ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario