RESULTADO : FISOBER B – FAME NEGRA. 3-6.
FISOBER B : Catti, Iria, María, Inés e Laura ; tamén xogaron : Mónica, Myrella, Noelia, Loly, Natalia e María Maroñas.
FAME NEGRA :Dayanna, María E., Jessica, Adriana e María Corrochano ; tamén xogaron : Fanny , Antía e Eva Lago.
GOLES : 0-1 Jessica, 0-2 María Corrochano, 0-3 María Corrochano, 0-4 María Corrochano, 1-4 Noelia,(descanso), 2-4 Myrella, 2-5 María E., 3-5 Noelia,3-6 María Corrochano.
O filial do Fisober posiblemente xogou o peor partido da tempada e en dez minutos xa dilapidara boa parte das opcións neste partido o día que Eva Lago voltaba a Vimianzo. Fronte o rival que o precedía na clasificación.
Con todo o partido quedou nun segundo plano despois da lesión da capitana local María que tivo que ser trasladada o Hospital, aínda que todo en principio todo quedou nun susto.
Si na primeira volta fora Jessica a que fora o terror das da Costa desta vez foi María Corrochano a que lle fixo catro goles.
Xa os tres minutos unha perdida foi aproveitada por Jessica para adiantar as visitantes. E os seis despois dun saque de esquina María Corrochano facía o segundo. Case sen tempo para respirar as visitantes dispuñan de dous tiros o pau casi consecutivos.
E os nove minutos de novo María Corrochano facía o terceiro. E a mesma xogadora o cuarto de novo despois dun saque de esquina os doce minutos, ante un filial totalmente irrecoñecible.
Parece que a partir deste momento as locais empezaron a sacarse a tensión que parecían ter encima e unido a relaxación visitante pois as ocasións comenzaron a chegar.
O partido volveuse moito máis aberto con ocasións para os dous lados pero máis perigosas para as locais.
Así os quince minutos foi Noelia a que reduxo diferenzas. As locais continuaron apretando e Myrella, Inés, Noelia e María poñían en serios apretos a meta visitante.
Para estas as visitantes xa daban moitos minutos a xoven Antía que mostrou moi boas maneiras.
Antes do tempo de lecer Noelia gozou dun lanzamento o pau.
A segunda metade seguiu a liña coa que rematou a primeira, ida e volta e ocasións para os dous bandos.
Os catro minutos da reanudación Myrella acurtou distanzas e fixo creer as súas. Estes foron os mellores minutos locais, pero máis por ocasións e xogadas individuais que por xogo.
As ocasións ianse errando unha tras outra polo bando local e as visitantes respostaban con algunha perigosa contra, pero o terceiro non chegaba e a renda seguía a ser suficiente.
Ata que a doce para o fin María aproveitaba uns rexeites para facer o dous a cinco, que foi a lousa final para as locais.
Pero o peor chegou pouco despois cando nun balón dividido un choque entre as dúas capitanas rematou cas dúas no chan doendose. Todo facía pensar que fora a visitante a que levara a peor parte pero non foi así.
A local María tiña un forte golpe nun xeonllo o cal non podía mover e tivo que ser trasladada o Hospital da Rosaleda en Santiago, pero finalmente parece que a lesión é menos grave do que aparentaba nun primeiro momento.
Despois desta noticia o partido perdeu totalmente o interese e solo cabe destacar o tres a cinco por parte da local Noelia e o sexto das visitantes de novo a cargo de María Corrochano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario