LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – MOSTEIRO BEMBRIVE.6-1.
FISOBER : Eva, Ylenia, Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Patri, Barca, Elsa, Olalla, Inés, Laura e Paula.
BEMBRIVE : Cristina, Lidia, Sara, Irene e Viviana ; tamén xogaron : Lara, Eva, Nerea e Sabela.
ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Yayo Pájaro.
GOLES : 0-1 Lidia, 1-1 Barca, 2-1 Patri, ( descanso ) , 3-1 Barca, 4-1 Barca, 5-1 Patri , 6-1 Inés.
Partido disputado na tarde do sábado no pavillón de Vimianzo onde Fisober sacou adiante o seu partido unha xornada máis e continua líder.
Comenzou o partido con moito respeto por ambas escadras e sin apenas ocasións. As visitantes moi ben colocadas solventaban fácilmente as tímidas chegadas locais.
Ata que os sete minutos unha contra das visitantes rematou co 0 a 1 por parte de Lidia. Ese gol cambiou o ritmo do encontro e as locais decidiron dar un pasiño máis. A resposta foi por parte de Myrella quen tivo a igualada nas súas botas.
Os oito minutos un balón longo deixao pasar intelixentemente Elsa enganando a porteira e o balón vaise rozando o pau. Nese mesmo minuto é Patri a que dispón doutra ocasión para a igualada.
Mediada a primeira metade de novo Elsa recibía un balón de costas no borde do área pero a porteira moi rápida desbarata a ocasión. E nese mesmo minuto foi Ana a que tivo unha nova opción para a igualada.
O gol parecía que non tardaría en chegar e así foi cando unha excelente xogada ca participación de todo o equipo foi rematada a pracer por Barca para poñer a igualada no electrónico.
Os quince minutos de novo Barca andaba preto do gol pero Cristina mandaba a saque de esquina. Un saque de esquina que acabou co balón en Patri que batía por baixo a Cristina e poñía en vantaxe as locais.
Un minuto despois foi Inés no segundo pau a que tivo a ocasión para incrementar diferenzas. Pero as visitantes non se rendían e ensinaban as garras a contra. Así ata en dúas ocasións a capitana visitante Lara dentro do último minuto probaba a Eva. Chegandose co 2 a 1 o tempo de lecer.
No comenzó da segunda metade foi Viviana a que quixo reducir diferenzas para as visitantes pero non acertou ante Eva.
Os cinco minutos da reanudación foi de novo Barca a que conseguíu o terceiro gol local e poñer terra de por medio no electrónico. Un minuto que foi tolo para as locais, xa que Ana mandaba un zapatazo o pau e despois doutra gran combinación Barca facía o cuarto gol do Fisober e o terceiro na súa conta particular.
O partido abriuse un pouco máis e os nove minutos Patri dispuña dunha nova ocasión pero o seu disparo escapouselle por pouco. Nese mesmo minuto as locais dispuñan dunha falta indirecta na frontal, pero nin Noelia nin Myrella conseguiron o obxectivo do gol.
As visitantes non se escondían decidindo adiantar as liñas de presión e por medio de Irene e despois de Lara tentaron reducir diferenzas. Unha Lara que tiña unha nova ocasión despois dun contragolpe.
Todo mudou cando Bembrive decidiu sacar a porteira-xogadora e a resposta local foi por medio dun novo gol desta vez de Patri. Fisober defendeuse como gato panza arriba do ataque de cinco e así Elsa dispuña dunha nova ocasión.
Solo unha vez puxeron en apuros as visitantes a meta defendida por Eva e foi cun lanzamento lonxano de Irene que se foi o longueiro.
A dous para o fin unha contra por parte das locais rematou co sexto gol por parte da debutante Inés. E no último minuto Laura por dúas ocasións e Inés tiveron opcións para incrementar as diferenzas.
Destacar pola parte do Fisober os primeiros minutos en Autonómica para Laura e Inés , unha Inés que ademáis conseguíu marcar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario