LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : CONCELLO PONTECESO – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO”. 4-11.
CONCELLO PONTECESO : Salomé, Cris, Ana, Martina e Carmen ; tamén xogaron : Christine, Alba, Silvia, Rocío e Marta.
FISOBER B : Martina, Ana, Noelia, Myrella e Patri ; tamén xogaron : Iria, Inés, Mónica, María, Tamara, Laura e Natalia.
Árbitro e Mesa : Manuel Dans e Jose A. Fernández.
GOLES : 0-1 Ana, 0-2 Patri, 1-2 Ana, 2-2 Carmen, 2-3 Inés, 3-3 Carmen, ( descanso) 3-4 Myre, 3-5 Natalia, 3-6 Myre, 4-6 Cris, 4-7 p.p. Cris, 4-8 Patri, 4-9 Ana, 4-10 Patri, 4-11 Inés.
O filial do Fisober conseguío este xoves na visita a Ponteceso no derbi, a primeira victoria da tempada en partido aprazado da segunda xornada, un partido que viña marcado polas circunstancias que rodearon o enfrontamento da tempada pasada, cando dende Ponteceso decidiron denunciar o Fisober por xogar cunha xogadora demasiado XOVEN, leeno ben demasiado XOVEN.
Tantas gañas tiña o filial de levarse o triunfo que xogou preso da ansiedade e dos nervios na primeira metade. A primeira ocasión non chegou ata os seis minutos por medio de Patri que ata en dúas ocasións errou ante Salomé.
Pero solo un minuto despois era Ana a que abría o marcador para as visitantes. A resposta do Ponteceso non se fixo esperar e a porteira visitante Martina tocaba o suficiente para que Carmen non conseguise a igualada.
E o filial facía na xogada seguinte o 0 a 2 por mediación de Patri. Aínda así o xogo das do Fisober non era todo o fluido que debería.
Un erro na saída do balón das do filial propiciou que a local Ana encarara a Martina para o 1 a 2. O Fisober dominaba o partido pero seguía sin facer un xogo fluido. No minuto 16 Iria tiña opción de marcar ante o seu ex equipo e aumentar diferencias.
E aproveitando outro erro atrás das do filial Carmen conseguía a igualada no minuto 18. O Fisober buscaba de novo poñerse por diante e María tivo a opción pero non o logrou. E a piques estiveron as locais de aumentar a sorpresa e adiantarse no electrónico.
No minuto 21 Inés facía o 2-3 para as de Fisober. Pero as do filial seguían querendo darlle emoción o partido e regalaban o balón a Carmen para que igualara a segundos para o tempo de lecer.
A segunda metade foi outra historia e xa os dous minutos Myrella poñía o 3-4 no tanteador. Os catro era Natalia a que poñia dous goles de vantaxe. E solo un minuto despois Myrella dispuña da opción de aumentar as diferencias, algo que si logrou na seguinte opción.
Pero os erros atrás do Fisober seguían e voltaba a regalar un gol despois de facerse un inexplicable lio no área desta vez a Cris para o 4 a 6. A altura do minuto dez da segunda metade Noelia desperdiciaba a súa mellor ocasión de conseguir un gol.
No minuto doce despois un disparo de Ana rexeita na local Cris quen marca en propia porta para o 4 a 7. E nese mesmo minuto Patri marcaba o oitavo para seu equipo. A mesma Patri os catorce minutos tivo preto un novo gol seu.
O noveno chegou por medio de Ana os quince minutos. Dende aquí foi aínda máis palpable a permisividade arbitral que deixaba pegar todo o que querían as locais e pitaba falta calquer contacto visitante.
O décimo foi obra de Patri e o undécimo por medio de Inés a solo tres para o fin.
O sábado de novo terá derbi o Fisober B, desta vez fronte A Salina en Esteiro as 19 horas do sábado pero nun ambiente totalmente distinto.
Artículos relacionados :
No hay comentarios:
Publicar un comentario