LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : A SALINA – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” : 6-0.
A SALINA : Alicia, Inés, María, Uxía e Sandra ; tamén xogaron : Carmen, Leticia e Merche.
FISOBER B : Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Loly, Laura, Natalia e Cris.
Árbitro e Mesa : Vicky Mosquera e Irene Lojo.
GOLES : 1-0 Uxía, 2-0 Merche, ( descanso ),3-0 Uxía, 4-0 María,5-0 Leticia, 6-0 Merche.
Demasiado castigo en forma de goles para o filial do Fisober que a pesares do abultado do tanteador realizou un moi bo partido, pero o balón parado e a falta de experiencia inflou o resultado final.
Comenzou máis forte do habitual o filial e xa os dous minutos María probou un lanzamento a portería. As de Esteiro respostaron cun lanzamento de Uxía que atallou Martina e un de Inés que pasou a rentes do pau.
Os cinco minutos un erro no pase das visitantes propiciou que Uxía adiantara as súas no man a man con Martina.
Non se ven abaixo coma outras veces o filial e a visitante Inés conectou con María que lanzou fora. A replica foi para a capitana local Carmen pero Martina parou sin problemas.
Mediada a primeira metade ía dispoñer de dúas boas ocasións o conxunto visitante por medio de Inés primeiro e despois de María.
Esto debeu encender as locais que encadearon ocasións dende o minuto quince. Martina freou os lanzamentos de Merche ata en dúas ocasións. Pero os dezasete minutos despois dun saque de banda a favor propiciouse unha contra que de novo Merche desta vez non erra e fixo o segundo gol local.
Pasou por malos momentos o filial do Fisober dende aquí ata o tempo de lecer, gozando de ocasións as locais Leticia, Merche, Uxía e María. A esto engadiuselle a lesión de Mónica que despois dun golpe non puido continuar xogando o partido, pero do que por sorte xa está totalmente recuperada.
Eso si entretanto tamén dispuxo da súa ocasión a visitante Iria pero a porteira local Alicia parou con seguridade.
A segunda metade comenzou co filial de novo moi enchufado e unha conexión de Cris con Iria fixo intervir a porteira. E de novo unha recuperación de Iria puxo en moitos apuros a local Alicia.
Respostou para as locais Merche pero Martina atallou en dous tempos. Os sete minutos unha falta lonxana lanzada por Iria creou moito perigo a meta local.
O partido case quedou finiquitado os once minutos cando despois dunha xogada ensaiada de saque de esquina Uxía facía o tres a cero. E solo un minuto despois María o cuarto.
Neste momento as do filial viñeronse un pouco abaixo e Uxía, Merche e Leticia gozaron de ocasións a contra para as locais.
Aínda así un par de combinacións entre Inés e María buscaron un merecido gol da honra que non quixo entrar. E un par de faltas lanzadas por Iria tamén crearon certo desasosego as locais.
Goles que si chegaron para as da Salina por medio de Leticia e despois dun saque de banda Merche facía o definitivo seis a cero.
As rapazas do Fisober B xa chegan o parón de Nadal debido a que este fin de semana lles toca descansar e non volverán a disputar partido oficial ata Xaneiro, pero chegan deixando un bo sabor de boca despois deste último partido e mellorando a imaxe do fin de semana pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario