MUXÍA C. F. : Cristian, Antoniño, Fran Bello, Fabián, Jose Ramón, Julián, Cris, Ismael, Peski ( min 46 Brais ), Felipe ( min 64 Kiko ), Fran Sambad ( min 66 Gerardo ).
BAIO : Poyo (Guillermo, min.46), Edgar (Valentín, min.46), Yago, Pardo, José Manuel, David, Fachal, Iván, Lucas, Bieito e Martín.
GOLES : 1-0 Peski no minuto 12 a pase de Fran Sambad, 2-0 Peski de tiro lonxano no minuto 21 , 2-1 Iván de penalti no minuto 31, 2-2 Martín de cabeza no minuto 60, 2-3 Iván no minuto 64, 3-3 minuto 78 Gerardo dende o borde da área.
Voltaba o Muxía a competición despois o parón das festas da Barca e foi de máis a menos notando o parón das festas.
Empezaron bastante ben os locais e así xa os 12 minutos unha boa combinación levou o balón a banda dereita onde Fran Sambad cedeu para que Peski marcara a pracer.
O Baio respondeu os 18 minutos cunha clarísima ocasión de Lucas. Pero Peski respondeu cun tiro lonxano que sorprendía o porteiro Poyo e poñía o 2-0 no marcador. O Muxía non paraba e Ismael a piques estivo de facer o terceiro gol local os 28 minutos.
Despois dunha falta lateral o colexiado pitaba un penalti que Iván transformaba para acortar distancias.
O Muxía comenzaba a notar o baixón físico e así no 37 o Baio topabase co longueiro local. O cal respondía Ismael que facía intervir a Poyo.
Despois do descanso a lesión do local Peski mudou todo, o dianteiro o gran incordio da zaga baiesa na primeira metade xa non puido saír e unida a caída no físico fixo que o Baio fora o amo e señor na segunda metade.
Así nos primeiros minutos da segunda metade non supo culminar dúas excepcionais ocasións para lograr o empate.
Pero Ismael tampouco supo aproveitar un erro defensivo do Baio para aumentar distancias no 53, na máis clara para o Muxía e case a única na segunda metade.
O Baio non desesperou e así no 62 empatou, no 62 a piques estivo de adiantarse , algo que si logrou no 64.
Despois de lograda a remonta os de Baio , deixaronse ir , dominando o balón pero sen profundidade pensando que a victoria xa sería súa.
Pero aínda quedaba unha sorpresa final, cando o horrendo colexiado da contenda, non daba unha, pitaba a favor do Muxía unha falta que fora o contrario.
Os locais tiraron de xogada ensaiada e o pequeno fillo do novo presidente do Muxía, Gerardo mandaba o balón a base do pau para empatar o partido.
No 85 a lesión do central Fabián deixou o Muxía con dez que se defendeu ata o final dos ataques do Baio. Facendo que os da vila da Barca conseguirán o segundo punto da tempada.
Colabora QPC.
Colabora QPC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario