MUXÍA C. F. : Cristian, Miguel Camarón ( min 78 Carrera ), Martinciño ( min 70 Ramón ), Ruso, Currás, Javi, Ziro ( min 76 Julián ), Pataca, Albertiño ( min 57 Jose Ignacio ), Juni, Arxires ( min 55 Peski ).
CORISTANCO: Pombo, Iván, Oscar, Germán, Marcos, Castro (Edgar, min.65), Dani, Adrián (Pazos, min.60), Benitez, Arantón e Toniño.
Goles: 0-1, min.77: Pazos.
Despois da sonrroxante derrota da semana pasada o Muxía pretendía lavar a súa imaxe ante a súa afección no primeiro partido na Arliña e sinceramente non mereceron perder, nun partido que estaba predestinado para unha igualada a ceros despois do visto.
O partido diluiase no medio campo, sin un dominador. O Muxía tentabao e tamén os da vila da pataca pero sen chegar con perigo as áreas.
Da primeira metade sólo poderíamos destacar un saque de esquina os 8 minutos case converte en gol olímpico o local Albertiño. E polo Coristanco unha ocasión que desperdiciou Arantón.
A segunda metade seguiu a tónica da primeira aínda que a maior experiencia dos xogadores do Coristanco lles daba unha mínima vantaxe.
No mínuto 55 Toniño tivo unha ocasión ante o xoven gardamallas local Cristian. O adestrador local Jesús María tentou darle frescura o equipo e fixo todos os trocos para tentar levarse a primeira victoria da tempada.
Pero lonxe de eso no minuto 77 no lanzamento dunha falta lateral, un erro defensivo o cal se lle unió un posible fora de xogo de Toniño, a xogada foi moi protestada polos locais, rematou co gol a pracer de Pazos.
De ahí o final os locais entraronlle os nervos así nun intento de despexe o porteiro local Cristian golpeou sobre un compañeiro e tivo que ser Javi quen se adiantara a Toniño para que non rematara definitivamente co partido. Arantón tamén dispuxo de unha opción de anotar o segundo.
A imaxe non foi mala, pero a falta de xogadores veteráns e a falta de pegada condeou a un Muxía que nin inquietou, nin foi inquietado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario