Comenzamos polos resultados d@s nos@s !
O Muxía C. F. fixo pleno de derrotas en tódalas súas seccións.
Os infantiles perderon 3-1 en Fisterra, os cadetes 2-12 na casa co Cee, os xuveniles 4-1 en Cabana, e os maiores 0-5 tamén co Cabana.
As nosas rapazas, o Orzán gañou 1-0 o León, o Orzán B empatou co lider Sardoma a domicilio, o Orzán C levou 8 na casa co Pastoriza e o Tordoia endosoulle un 4 a 1 o San Tirso sumando a súa segunda victoria. Destacar tamén o primeiro punto do Olivo na máxima categoría empatando ante o histórico Levante a uns en Vigo.
Nos rumores comenzamos con que o Fisober B posiblemente xogará un amigable en Vimianzo as 17 horas do sábado fronte A Salina como previa do partido debut en Autonómica do primeiro equipo as 19 horas fronte o Funeraria Apóstol.
No fútbol profesional :
- Parece que o Real Madrid sigue os xogadores do Lión , Ganalons e Grenier. Pero que non se esquence do defensa Cahill nin de Tévez parece ser.
- Altintop entra na lista por primeira vez.
- O Inter pensa en Tévez si é capaz de colocar a Milito.
- O Tottenham pagaría case 20 kilos por Ander Herrera.
- Lampard ten problemas con Vilas Boas ?
- Van der Vart e o Arsenal.
- Parejo interesa o Arsenal para Xaneiro.
No basket :
- En Bolonia ofrecen medio millón de dolares por partido a Kobe.
- O debate estrela en Minessota é si Ricky é o xogador máis sobrevalorado da Nba.
- Perovic ou Ingles un dos dous debe ser descarte na Supercopa.
- Os Nets chamaranse Brooklyn Nets.
- Keith Langford fora do Khimki, o Laboral posicionase.
- Carroll podería facerse bosnio, o xogador que é representado pola mesma firma que fixo o barcelonista Wallace un pasaporte do Congo. A vergoña dos pasaportes! Temos 41 xogadores con dobre nacionalidade na Liga Endesa.
- O pivot ex de Toronto , Richard Elmer Dorsey ficha por Caja Laboral.
- Tepic por dous anos por Cajasol.
- Florentino di que non pode facer máis polo baloncesto e que o desilusionou que solo se venderan 1000 entradas das 4000 que pediu para a Final Four, ca desorganización da venda non me extraña, despois para o papel que se fixo, foron de máis.
- Motiejunas ficha por Prokom.
- Pero Antic a Olimpiakos.
- Jasekevicius a Panthinaikos.
- Toni Parker di que si ficha por ASVEL pagara el o seguro.
- Rakocevic preto de Siena.
Para rematar no debut da sección unha frase de Arsenio Iglesias:
· "Puede que sea un conservador. Lo que no soy es un atolondrado".
No hay comentarios:
Publicar un comentario