A A. C. San Roquiño do Monte organiza este domingo 8 de maio o I Torneo de Fútbol Sala San Roque 2011.
O torneo disputarase no Pavillón de Muxía e enfrontara a partir das 17:00 h (5 da tarde) a un combinado de Solteiras de Muxia, dirixidas por Fran Toba, contra un combinado de Solteiras de Vimianzo dirixidas por Jordi de Pasarela.
A partir das 18:00 tocaralle o turno ás Casadas de Muxía, dirixidas por Manel Sánchez contra as Casadas de Vimianzo dirixidas por Manuel Soto.
As xogadoras muxianas están preparando o partido a conciencia xa que entrenaron o luns e o mércores e propuxeronlle os adestradores entrenar tamén o venres para ultimar os detalles do partido do domingo.
A organización espera que unha boa afluencia de público, xa que son dous partidos dos máis interesantes que se poden ver a dia de hoxe.
O remate do partido procederase á entrega de Trofeos ás 1ª clasificadas e a continuación as xogadoras de ámbolos conxuntos poderan degustar uns pinchos.
Organiza: AC San Roquiño do Monte
Colabora: Concello de Muxía e Fisober FSF
Nota de prensa da organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario