Como o presidente do Real Madrid o señor Florentino Pérez é un tolo do mercado e da venda de camisetas vamos ver hoxe como poden quedar os dorsales de cara a próxima tempada.
Parece claro que hai moitos números que non cambiarán de dono pero hai algún que outro apeticible que pode cambiar.
O número 1 de Casillas, o 2 de Carvalho, o 3 de Pepe e o 4 de Sergio Ramos, parecen seguros. No número 5 atopámonos co primeiro dorsal que a bo seguro quedará sin dono, Gago non debe de seguir. Un número apeticible para un defensa ou un mediocentro. Algún dos novos podería facerse con el. Zizou levouno con orgullo.
O número 6 que ata decembro levou M. Diarra e que despois levou Adebayor é outro que posiblemente quede libre, siga ou non siga Manolito. O certo é que cando chegou o de Togo se quixo facer un movemento nos dorsales pero a LFP non o permite. Lass ía pasar a levar o 6, Ozil o 10 e Adebayor o 23. Se sigue Lass será o seu número, senón outro medio pasaría a levalo creemos.
O de Cr7 sin comentarios. O 8 de Kaká está en opción de quedar libre xa que o brasileiro sona en moitas quinielas para marcharse. Con el sin dono daríase unha curiosa situación, xa que tanto Ozil, Sahim e Altintop son uns namorados dese número, non descartemos a situación.
O 9 de Benzema, pois tamén xera certas dúbidas polo pouco cariño que lle parece ter Mou o francés, outra opción é que se decidira polo 10 que sole levar con Francia, neses movementos de dorsales.
O 10 o número dos cracks, parece predestinado para Ozil, pero un fichaxe galáctico ou Benzema tamén poderían levalo. Granero leva o 11 e parece que non saíra pola falta de canteiráns e nacionais que esixe UEFA, pero quen sabe.
O 12 de Marcelo, o 13 de Adán e o 14 de Alonso seguros. O 15 levouno Mateo ata decembro , un xogador que parece que voltará. O 16 de Canales tamén quedará libre con casi total seguridade . O 17 é o número fetiche de Álvarito Arbeloa, ese si que non cambia o igual que o 18 de Albiol.
O 19 de Garay outro que se sospeita que sera apeticible para un fichaxe. Non así o 20 do Pipa Higuaín. O 21 de Pedro León raro sería que non tivera novo inquilino. Di María leva o 22, non sería difícil que o Fideo quixera cambialo, aínda que a boa tempada que fixo e as supersticións poderían evitalo.
Ozil parece seguro que cambiara o 23, e non descartamos que Kedhira faga o mesmo co 24. O 25 de Dudek, tamén saíra a puxa.
Ahora serán os siareiros brancos os que deben decantarse pola súa camiseta favorita. Parece que as míticas tres raias de adidas serán douradas nesta ocasión e a terceira camiseta podería ser vermella.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarHoxe El mundo publica que Granero levará o 5, Ozil o 10 e Neymar o 11.
ResponderEliminar