Na batalla de Heraclea, que enfrontou o rei Pirro de Macedonia ao Imperio romano, os macedonios acadaron a vitoria, pero a un custo tremendo: perderon as súas mellores tropas de vangarda e practicamente tódolos seus oficiais.
Cando o rei Pirro viu o custo da súa vitoria, dise que exclamou: "Unha vitoria máis coma esta e terei que volver só a Epiro". De aí a orixe da expresión "vitoria pírrica", que implica máis perdas para o bando vitorioso que para o vencido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario