LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
CAFETERÍA LA MECA – FISOBER “B” F.S.F. :1-2.
MECA: Ainara,
Paloma, Yesi, Eva Lago e Lara ; tamén xogou : Olalla.
FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Laura, Andrea
Piroja e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Tamara, Antía e Paula Lema.
ÁRBITRO : Rubén
García , CRONO: Gerardo Pájaro.
GOLES:1-0 Lara , 1-1 Laura, ( descanso ), 1-2 Andrea Muíño.
Partido disputado
na noite do venres no Pavillón de Vimianzo aprazado da xornada 22 , aínda que exercía como local Cafetería La
Meca que ante a imposibilidade de atopar
pavillón en A Coruña deu tódalas
facilidades e visitou de novo Vimianzo. Dende o
Fisober F.S.F. agradecer novamente as facilidades dadas por Cafetería La
Meca para a disputa deste partido.
E foi curioso xa
que o único partido que ganou o filial en toda a tempada en Vimianzo foi no que
exerceu como visitante, incluso utilizou os vestiarios visitantes, sería cousa
de meigas ?
O partido estivo
moi entretido e puido caer de calquera lado, aínda que as herculinas pagaron o final a súa escasa rotación.
Xa no segundo
minuto se adiantaban as herculinas cun gol de Lara que marcaba a pracer no
segundo pau.
A altura que
estamos de tempada, fixo que o partido se xogase sen un control claro e con
ocasións en ambas porterías.
Cando se chegaba
o último minuto da primeira metade unha xogada individual de Laura que definiu
con tranquilidade ante Ainara, poñía a igualada no electrónico. Replicaron as
herculinas cando a ex do Fisober mandaba o pau a poucos segundos do tempo de
lecer.
A segunda metade
seguiu co mesmo guión, con ocasión para ambos lados. Pero co paso dos minutos
as herculinas comezaron a notar a falta de cambios.
Iso foi aproveitado polo filial quen , nunha
contra a cinco minutos para o final se poñía en vantaxe cun gol de Andrea
Muíño, co que se chegou o final do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario