LIGA PROVINCIAL:
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – VIAXES AMARELLE “C” : 1-7
FISOBER B : Paula Lema, Andrea Muíño, Tamara,
Laura e Antía ; tamén xogou : Nuriña.
AMARELLE C :
Marta, Lía, Tati, Goretti e Paula ; tamén xogaron : Ana e Carlota.
ÁRBITRO : Mary Luz
Mendoza , CRONO: Emilio Losada.
GOLES:0-1 Paula,
0-2 Lía, 0-3 Lía, 0-4 Goretti, 0-5 Ana, ( descanso ) , 0-6 Tati, 0-7 Lía, 1-7 Andrea Muíño.
Partido disputado
na tarde do sábado en Vimianzo na previa do partido de Segunda División, no que
o campión o Viaxes Amarelle “C” gañou coa solvencia que amosou durante toda a
Liga.
O filial do
Fisober acudía moi mermado polas baixas
e tan solo dispuña de un cambio, aínda así deixouno todo sobre a pista.
O partido tivo
pouca historia, as visitantes dominaban o partido e buscaban continuos
aclarados para que Lía fixera o un para un. Así os seis minutos a visitante
Paula adiantaba as súas a pase de Lía.
Aínda que seguían
a dominar as visitantes, as locais defendíanse ben e así foron pasando os
minutos.
As locais comezaron a notar o
esforzo e nos últimos tres minutos da primeira parte recibiron catro
goles que
racharon o partido. Lía en dúas ocasións, Goretti de penalti discutido e Ana puxeron o cero a cinco co que se chegou
o tempo de lecer e terminaron de rachar o partido.
Na segunda metade
non cambiou o guión, co dominio visitante, pero as do Amarelle foron baixando o
ritmo o que igualou o partido. As locais seguían traballando ben en defensa.
Ata que a cinco
minutos para o fin do partido Tati poñía o sexto. O sétimo que igualaba o resultado
da primeira volta foi obra de novo da perigosa Lía a falta de dous minutos.
As locais tiñan
ganas de despedir a Liga con algún gol e foi Andrea Muíño a que o logrou para o
definitivo un a sete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario