Mostrando entradas con la etiqueta Naumosky. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Naumosky. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de septiembre de 2023

Como pasa o tempo.

 Hoxe Face recordoume algo que escribín alí fai dez anos, sobre unha nova que aconteceu un ano antes e cousas da vida apetéceme que quede gardado no blog para sempre.



jueves, 11 de mayo de 2017

Recordos.

Onte o finalizar o partido vin unhas palabras de @SVilarino en Twitter que me trouxeron a min tamén moitos recordos. Recordos porque para un servidor a Sétima e aquel 20 de maio do 98  sempre será especial e volve a darse aquel enfrontamento. Un que pensou que xa nunca vería o Real Madrid gañar unha Champions despois de tódolos batacazos da Quinta e os desastres de despois. Co paso dos anos e por circunstancias da vida aquela noite será cada vez máis especial e un recordo que nunca olvidarei.

miércoles, 15 de julio de 2015

Uno di Noi.

Cando alá por Xaneiro de 2011 nun curso nacía este blog, cumpríase un dos meus soños. Poder falar alegremente de deportes nunha páxina para expresar as miñas opinións e que os meus amigos, colegas, coñecidos, ex compañeiros , puideran leelas  alá onde estiveran e cando puideran  e crear un debate, coma os que tiñamos cando nos atopabamos, nun bar, na Facultade ou onde fora. Con algunha que outra falta de ortografía pero o galego de agora é moi difícil, e en muxián non deixan escribir, ademais un estudou Economía non periodismo.