martes, 17 de junio de 2025

Hola Xabi.

 Mañán chega o día do debut do Real Madrid de Xabi Alonso, non vou a negar que fai moita ilusión neste blog, onde sempre fomos moi de Xabi e que os últimos meses estábamos moi desencantados co equipo.


Ciao Carlo.

 Toca despedir a Carlo antes de dar a benvida a Xabi.


lunes, 16 de junio de 2025

domingo, 15 de junio de 2025

Search me: Eu non sei nada #Bielsa

 "Eu sempre lles digo os rapaces que o fútbol para nos é movemento, desprazamento. Que hai que estar sempre correndo. A calquer xogador, e en calquer circunstancia, lle atopo un motivo para estar correndo. No fútbol non existe circunstancia algunha, escoitame ben, non existe motivo algún para que un xogador este parado no céspede...

domingo, 8 de junio de 2025

Gracias Muxía. Vamos Muxía.

 Hoxe é un día histórico, dobre final da Copa da Costa, hai que agradecer a actual directiva, xogadorxs, corpos técnicos o traballo para chegar ata aquí. Por crear o feminino e ter tantos equipos de base.


jueves, 5 de junio de 2025

Search Me: Eu non sei nada #Pirlo

 " No verán de 2006, acabamos de gañar a Copa do Mundo e eu estaba encantado da vida. Salgo da miña casa en bicicleta polas tranquilas rúas de Forte dei Marmi. Cando paso polo paseo marítimo, a xente parase e dame palmadiñas.



Debían estar pensando que derrotar a Francia na final, fritírame o cerebro, pero había algo que non sabían. Estábanse perdendo unha peza vital na historia pra saber como estaban as cousas. Eu pertencía ó Madrid, non o Milan. Eu era xogador do Real Madrid na miña cabeza, no meu corazón, na miña ialma.

Tiña un contrato de cinco anos, esperándome alí e un salario que non era deste mundo. Eu mesmo imaxinábame coa camisola branca. Meus pensamentos a cotío pousáronse no Santiago Bernabéu, o templo, un estado que sembra o terror nos seus opoñentes. Cando llo contei a Galliani, quedouse mirándome e dixo: " Andrea, amigo, ti non vas a ningures." Andrea Pirlo na súa autobiografía.