Nota de prensa
O Fisober 2012-13 xa esta en
marcha, as rapazas da Costa da Morte empezaron a pretempada o pasado venres 24,
adestraran tres días a semana alternando a praia e o Ximnasio da Piscina
Municipal de Cee deixando para o venres os adestramentos no polideportivo.
A plantilla para este ano sufrirá
leves cambios con respecto ó equipo que se proclamou campión galego a tempada
pasada, causa baixa Alba Cambeiro (Carnota) e incorporanse a 1ª plantilla as
xogadoras de Camelle Laura Pose e Inés Suárez que o ano pasado xogaban no
Fisober B, polo que os adestradores terán a sua disposición un total de 13
xogadoras.
O primeiro partido de pretempada
será contra o Ponte Ourense FSF, equipo da 1ª división nacional e que conta nas
suas filas con varias xogadoras internacionales. Partido da Copa Xunta.
O partido tera lugar no Pavillón
Municipal de Cee o sábado 1 de setembro ás 20:00 h
O mércores 5 de setembro
disputaran o segundo partido da pretempada, desta vez en terras pontevedresas e
o rival será o Poio Pescamar FS, equipo da 2ª División nacional, e que conta
nas suas filas con varias internacionales portuguesas e que estara adestrado
este ano polo ex xogador profesional brasileiro Marcio Santos.
Ademáis destes dous partidos o
Fisober disputara un Torneo en O Pino o sábado 15 de setembro e ten programados
dous amistosos máis antes do comezo da Liga o sábado 6 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario