Deses días nos que pensas as miles de veces que te equivocaches. Nas decisións erróneas que puideron cambiar a túa vida. Decisións tomadas porque naquel momento pensabas que era a correcta , porque a tomaches sin pensar ,porque a pensaches demasiado, por cabezón , por orgullo ou simplemente pensando máis nos demais que nun mesmo.
Tamén están aquelas outras que non tomaches, que non te atreveches a tomar máis ben. Por multiples razóns tamén , esas que quizais doen máis pero levan o mesmo fin.
A nosa vida está chea de todas esas decisións que tomamos ou non. É algo que co paso do tempo nos vai moldeando. Non quita que sempre che quede a dúbida de si tomases aquel día aquel xiro do destino que sería de ti, o "efecto mariposa " que lle daría a túa vida !
Pensamos sempre con optimismo o ben que nos iría , pero e si fora todo o contrario, igual sería unha felicidade exigua e un pesadelo despois.Ou eso non nos pasou moitas veces tamén.
Pero no fondo penso que para o bo e para o malo, fose cal fose a decisión o esencial do molde non cambiaría quizais complementos sin importancia.
Polo tanto hai que seguir dándolle buscando ese xiro inesperado .
No hay comentarios:
Publicar un comentario