Por moito que nos queiran vender que se van a rematar as competicións dende aquí non o vemos tan fácil, sen vacuna e por moito que se xogue sen público. Pero aquí non vamos a falar do profesional que eles saberán aínda que aquí o máis xusto parece de que se non se rematan as competicións pois debería anularse o ano, pero bueno.
Na competición afeccionada parece que vaise suspender e dar por anulada a competición , pero que facer cos ascensos, descensos .....
Que pasa con equipos que xa teñen ascendido como é o caso do Camariñas ou Outes por exemplo. Que pasa con equipos que son líderes con 10 puntos de vantaxe ou están a 10 puntos da salvación. Pero que pasa con equipos igualados a puntos a falla de X xornadas, como decidimos quen ascende ou paramos todo e deixamolo igual ? Difícil decisión.
Cada caso ten unha peliculiaridade, decidimos un a un ou en xeral. Por exemplo na Liga Autonómica feminina de fútbol sala o primeiro e segundo están igualados a puntos, como decidimos quen sube. Nesa mesma liga hai un equipo a 21 puntos da salvación e outro a 14 que se fai con eles, se por exemplo a Provincial de A Coruña xa rematou e xa temos campión e ascendido. Aumentamos as ligas ? Non lles deixamos subir e suspendemos ? Baixamos e subimos a día de hoxe ?
Difícil decisión. Que opinades ? Aquí votamos por ir caso a caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario