Na previa do Raio.
Neste blog somos dos que non vemos moita melloría e pensamos que a temporada remata con Flo e Vini out.
Ahora os Facts:
O tremendo do asunto é que siga habendo tíos aí dentro que non saiban que queimaron todo o seu crédito e que agora viven ao día. E mentres non pinchen esa burbulla e entendan que xogan para a xente, nin para Floper, nin para os que os louban por comenencia seguirán confundidos.
Para este Mou, valía Arbeloa, algo que vaticinamos por certo. Xogan os que pide o de arriba e trocos no 80, nin Carlo.
Lembrádeme para que veu o rapaz ese do Racing e por que non podía xogar o martes. A xente critícame por pedir que, ante 4 baixas no mesmo posto, xogue un rapaz de 19 anos da canteira. Outros equipos poñendo cativos de 17 sen medo... nós a Arnold de Pivote. Cestero valíame. Non me vale no Castilla perden partidos, non é comparable.
Esíxese máis á afección do Madrid cos xogadores. Máis ao que compromete nunha entrada o 10% do seu salario cos que "traballan" 3h ao día no que lles gusta, disque, e o seu salario sitúao no 0,01 das persoas máis ricas do planeta. What a time to be alive.
A postura que está a tomar o Madrid fronte ás protestas, sinalando en vez de intentar facer autocrítica e comprender o malestar da xente, só vai conseguir dividir máis á afección.
Se coa túa xestión conseguiches que parte do público que paga por ver ao seu equipo estea apático ou molesto, a responsabilidade é túa. O traballo para revertelo telo que facer ti. Porque o público do Bernabéu non ten que demostrarlle a ninguén que o que máis quere é gañar.
É normal que os dous anos en branco deixaran cicatrices. E se a ti non chas deixou, parabéns, pero non todo o mundo ten o teu sentir e pode que esa persoa queira pitar porque ve que o seu equipo non funciona como lle gustaría.
Se acabas de renovar por un pastizal absurdo, che deron máis anos de renovación ca a Matusalén e sabes que estás sendo discutido, non é culpa miña nin do abonado de turno que volvas das vacacións lentorro e pesándoche todo.
Aquí somos moito de criticar ó sapoconcho pero o que renovou, leva dous aniños a menos, de cargarse un proxecto por un troco, porque pensa que lle asubían.
Outra cousa que me fascina é que valoren a Vinicius como se fose Lucas ou Callejón: " é que correu tantos km" como maior argumento, hai que defender obvio, pero o soldo teno por atacar tamén, por soldo para correr temos a Alexis Ciria ou David Yáñez no filial, que son bastante bos para arriba e para abaixo.
Se ti tes nun equipo a tres dianteiros ultraparticulares que van xogar SEMPRE, pase o que pase, e logo tes un centro do campo de nivel medio inmutable desde hai dous anos, a esencia dese equipo non se vai alterar por ter máis banco ou defensas novos.
Sigo esperando a que me expliquen porque gastamos 120 kilos ou máis nun tío para que xogue os últimos minutos, e un vello para o medio, pero nin Nico, nin Víctor nos valían. Como non valen Chema, Antonio Blanco ou Luis Milla que son mellores que calquera dos nosos medios.
Hoxe venden que non fichas medio para renovar a Guler e Jude, seguro. Renovar a Vini error de bulto.
O único da casa que está en plantel é Asencio, manda webs.
Creo que todos sabemos que tipo de xogador é Fede e como rende mellor. Outra cousa é que tanto o club coma el actúen ao respecto. Igual o lateral debía de ser el ou o de banda dereita, pero bueno. Como Camavinga na esquerda e ter vendido a Carreras.
O segredo para perpetuar un ciclo gañador pasa, inexorablemente, pola asunción da responsabilidade do club na toma de decisións con independencia do interese dos xogadores, o técnico ou a propia afección.
Xa o decía Jabois : A derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler. ' , así nos sentimos os madridistas agora infelices, cun equipo que o que escribe o desanima cada minuto que pasa.
Anteriormente:

No hay comentarios:
Publicar un comentario