miércoles, 19 de agosto de 2026

Despois da pretemporada!

 Vamos a falar un pouquiño, que fai tempo que non falamos.



Todo se torceu co fichaxe do sapoconcho, despois de tantas calabazas o presi quería a súa marca no revolver e matou todo. Cargouse a Endricki, Vini e Jude con tan solo un movemento.


O adestrador ten que tomar decisións, pero o club debe respaldalo en lugar de priorizar sempre os mesmos xogadores, insistir en "intocables" ou favorecer o veterano fronte ao xogador da canteira. 


As cousas non funcionan así de fácil sin apoio. Alonso e Arbeloa non podían simplemente sentar no banco ou aliñar a quen quixesen. Abonda con ver como desapareceu Gonzalo: foi porque xogaba mal? 


O Real Madrid tivo a oportunidade este verán de solucionar dúas das súas principais carencias: Na dianteira: xestionar o caso de Vinicius (renovalo ou vendelo) e, potencialmente, recuperar a Nico, ademais do impacto que iso tería en Jude. 


No centro do campo: resolver os problemas cos xogadores que chocaban entre si. Porén, non aproveitaron ou non "quixeron" aproveitar, ningunha das dúas oportunidades. 


O mercado ofrecía todo tipo de opcións para facelo, pero, pola contra, insistiron na vía actual. Xa veremos se acertaron, pero intentaron quedar ben con todos.


Tería sido valente apostar por Nico e Arda e cargarse a Jude e logo, investir ese diñeiro no centro do campo e na defensa. Iso tería creado un equipo máis equilibrado e optimizado. Tamén se podería optar por vender a Vinicius e tomar un rumbo diferente. Ventas que serían un aviso a navegantes e ca renovación de sapoconcho na porta.


 En cambio, estás a xuntar catro xogadores que son incribles a nivel individual, pero que requiren perfís de apoio específicos dos que apenas dispoñes, tres deles cuns egos superlativos e que non pegan nin con cola.


No centro do campo era aínda máis doado: había que desprenderse dos xogadores de corte máis físico e contundente, polo menos dun deles. Algo relativamente fácil despois da pelexa e os erros de Cama. E destinar eses cartos a fichar a Rodri, Enzo, Bouaddi o meu querido Chema Andrés en opción low cost ou a quen se quixese. Iso tería equilibrado tanto o equipo coma o vestiario. 


Canto máis o penso, máis arriscado parece "non" asumir o risco dunha gran venda. É coma a situación de Rodrygo en 2024: xa non había sitio para el coa chegada de Mbappé e, con todo, o equipo precisaba perfís de xogador moi específicos. E optouse pola volta de Mou e camiño para diante, patada a seguir. 


Ao contrario do que poida parecer, entendo tódolos fichaxes do Madrid. Diomande din que é unha besta parda na banda dereita, levaba un par de meses escoitando falar del. Precisabas a Konaté, aínda que solo fose para ter máis fondo de armario. Bernardo é o tipo de xogador con IQ que pode axudar no medio, aínda que sabedes que aquí somos de Nico. A Dumfries iralle ben se non peta. Espí é unha peza complementaria fantástica. E Cucu é fichaxe Top. 



Tamén entendería apostar por algún destes: David Jiménez, Víctor Valdepeñas, Diego Aguado, Jacobo Ramón, Chema Andrés, César Palacios, Gonzalo García, David Yáñez, Nico Paz , Víctor Muñoz, Jacobo Ortega, e algún que me esquenzo seguro. Por certo, Aguado, Fortea, Yáñez ou Ciria están no filial e Thiago entre augas. Si caen en outros lares serían outra cousa.


Por iso resulta tan frustrante "deixar dous ocos". Porque, independentemente do resultado, polo menos terías a sensación de que fixeches todo o posible e de que estiveches tan preto de gañar coma calquera outro. O central titular e o medio eran innegociables.


Na miña opinión, o mercado de fichaxes do Madrid é coma mercar unha casa en Galicia co tellado que pinga e reformar todo o demais... pero deixando as filtracións. Por moi bonita que a deixes, acabarás tendo problemas de humidade, e de egos, ó tempo !


E todo iso corrobórase observando que non se van presentar ós fichaxes por medo, que non vos enganen.



 Cando o club renuncia a esa visibilidade internacional extra, é porque prioriza controlar a narrativa e manter o equipo á marxe de calquera polémica. E iso denota debilidade e medo. Non é que haxa nada de malo niso ,é algo natural; trátase dunha directiva e dun grupo de traxeados sometidos a máis escrutinio ca nunca e co cuiño apretado, pero que viven moi ben e tranquiliños, porque nunca levan a culpa, como moito Flo e a el todo lle resbala. Un Flo que como non funcione o tema, vai recibir por todos lados e máis se Rodri é chave.


Non quixeron, nin queren escoitar o " onde está Rodri". Pois está en Barcelona rapaces e que recen para que non sexa a súa Pedra Filosofal.


A moita xente moléstanlle as queixas da afección do Madrid; a min tamén me molesta a forma en que a xente aplaude unha decisión nun momento e a exactamente oposta no seguinte, encaixar unha goleada de escándalo ante o Barça, que se ignoren as carencias deportivas e unha política de comunicación nefasta.


 Pode gustarche ou non, e podes entender as razóns en maior ou menor medida. Pero, tras dous anos sen títulos, catro adestradores, varias derrotas contundentes e un mercado de fichaxes incompleto, a afección do Madrid ten toda a xustificación para protestar e sentirse frustrada.


 Queres manter a ilusión? Xenial, iso é marabilloso. Pero comprende que hai moitos motivos para que a xente estea descontenta. E iso non os fai máis nin menos seareiros do Madrid.


Que non remate o ano con Flo facendo as maletas por cabezudo orgulloso.


Anteriormente:


Luigi Facts.


A Liga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario