Hoxe un pouco de Facts con Mou.
Neste blog fai cero ilusión a volta de Mou, está tan acabado ou máis ca Scariolo e xa sabemos como lle foi. Dende que se foi de aquí, nada reseñable. Tampouco o queríamos na primeira etapa, pero recoñecémoslle o mérito, coma Capello de ser o xerme dun gran Madrid, pero non todo vai sair como Carletto.
Quen ilusionaba era Xabi e a pesares de que non ia como se esperaba, non merecía ser cesado, e visto o visto, solo serviu para empoderar a uns xogadores que por certo siguen. Premio para os da cama, a festa e as pelexas, club sin rumbo.
O equipo necesita mellorar a defensa e medio, e salvo Cucu, fichouse un central que sembra moitas dubidas e un lateral na costa abaixo. Siguen dous centrais de nivel pero semi retirados polas lesións que lles forzamos, como Rudi e Militao, Dean que necesita un contexto e Asencio que non da o nivel. Porque non mirar a Gila? Falta un central Top cando menos e un rapaz por Asencio.
Para o medio outro vello como Bernardo, en vez de apostar por Nico, e para a banda tampouco pensamos en Víctor.
Deixamos o medio que leva naufragando dous anos. Fai falla un xerador de xogo. A xente fala de Rodri, aquí non gusta por como está físicamente, pero mellora moito o que temos sen dúbida. Hai que traballar e marear o mercado, non o crack ou ningún. A importancia do entorno e sistema no que te moves, vímolo nos portugueses do Psg, que necesitas, para o que vas plantexar . Rodri é bo, pero está para sopiñas e iso no Madrid é dez meses lesionado, busca ou fabrica un . Por certo o infravalorado que está o perfil Dani Olmo.
Tamén deixamos o tridente máxico que non pega xunto nin con cola. Van ben por separado pero xuntos, non funciona. Desfacerse dun para compensar o medio, iso non. A min si son moi bos na súa sele e no Madrid nada, pois non me chama, aquí queremos que funcionen no Madrid.O mercado está pechado, sabeo calquera, pode sair Gonzalo, Franco ou Endricki, pouco máis.
Sinceramente, ilusión cero no proxecto. Para que meu pai diga que non o ve, xa se pode creer.
Facía falta mover máis o vestiario para asustar a algún. Solo houbo saídas fáciles. O ano pasado pedín a Joan García, como relevo dun Tibú que se nos vai apagando, lesión a lesión. A portería pronto vai ser un problema. E iso que foi do pouco fiable o ano pasado.
Nin ca nosa rapazada nos ilusionan, usana de carteira, pero nin unha oportunidade.
Facer o mesmo cos mesmos, éxito "asegurado". Pensar que é un problema de adestrador novamente, a tumba de Flo.
Anteriormente:


No hay comentarios:
Publicar un comentario