Dixo esto realmente Karim Benzema:
«O mellor do PSG é que tes un once inicial, xogan, xogan... o adestrador fai un cambio no minuto 60 ou 70, e os xogadores que entran aportan máis que os que comezaron o partido. Todo o mundo sabe o que ten que facer, sabe o que ten que achegar.
O titular sabe o que ten que facer, o suplente sabe o que ten que facer; non é o suplente quen se fai o ofendido.
E no Madrid é complicado porque non xogan como un equipo. "Vou brilar, non hai problema, pero sen ti non podo brilar".
O PSG non é un equipo de estrelas, agás Dembélé, o gañador do Balón de Ouro. Pero míraos, presionan, atacan, defenden. A persoa máis coñecida do PSG é Luis Enrique, pero é un equipo de verdade. Podes poñer a quen queiras diante, todos traballan xuntos, e os suplentes funcionan igual de ben. Por iso son fortes».
No hay comentarios:
Publicar un comentario