Ó contrario do que moitos futbolistas fan, el usou o fútbol para "abrir a boca" e non para pechala, denunciando dende aí as inxustizas que moitos e moitas non podían manifestar.
Incluso Cuba se interesou por el no 2011 (ano da súa morte) para que se encargara da súa selección. Non se levou a cabo o proxecto pero Socrates dicía que aceptaría sempre e cando recibira o salario dun traballador común. Militou no Partido dos Traballadores.
En certa ocasión, cando foi xogar á Fiorentina, un xornalista preguntoulle se prefería a Mazzola ou a Rivera, xogadores italianos. Contestoulle
"Eu soño con ler a Gramsci na súa lingua orixinal e estudar a historia do movemento obreiro".
Tras case 30 anos despois de revelar o seu maior desexo, cumpriuse:
"Quero morrer em um Domingo e com o Corinthians Campeão».
Así foi. Faleceu na mañanciña do 4 de decembro de 2011, domingo, e pola tarde o seu equipo proclamouse vencedor da Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario