lunes, 5 de enero de 2026

GG 9, noite de Reis.

 

Gonzalo tivo un regalo de Reis anticipado.


Quen coñece o blog ou nas charlas da Champions do Ensanche, saben que nesta conta somos moi de Gonzalo e Chema, dos cales pensamos que chegaran a ser internacionais, a ver si non os gafamos, iso si da canteira e triunfar no Madrid, complicado,serán internacionais mais fora da casa.

Das cousas que nos vendeu Xabi o chegar e que non cumpriu. Por iso non vai durar, despois da Supercopa para súa casa. Ser un Carletto, para o italiano. Toma decisións axeonllado ó vestiario. Si morrera de pé aquí bancaríamolo ata o fin. Decisións valentes para adiante, rapazada, perder así, vale, polo menos no blog.

E temos confianza en Fortea, Joan Martínez e Fran González, o igual que temos en Endricki. Un día teremos que falar de nomes.

De Gonzalo sempre dixemos que era un Joselu, pero cun xogo raulesco, unha versión deles menor pero para cumplir como suplente da casa.

Pero, sabías que Gonzalo García e a actriz Rita Hayworth son familia? Pois si, resulta que ela que se chamaba Margarita Cansino e seu pai era español, el era familia do avó do xogador do Real Madrid, a actriz y e o avó de Gonzalo eran curmáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario