Uns apuntiños sobre Fati e Diego que finalmente viaxan hoxe a Vigo, aínda que tamén o fai Asencio. Un servidor faría rotacións bravas hoxe, total os titulares van pasar de todo, poucos quedan certo é.
Lamini Fati:
Central zurdo, rápido e potente, especialista en correxir. Ao principio de tempada alternaba xogadas brilantes con algún erro. Con balón baixa bastante. Con todos sanos non estaba a ser titular, con Joan Martínez, Mario e incluso Valdepeñas por diante. Tipo Asencio ou incluso Marvel no seu día, esto último da medo.
Diego Aguado:
Xoga as máis das veces de lateral esquerdo. Señalado como o siguinte gran proxecto de defensa por mentalidade e calidade. Fáltalle aínda desenrrolo muscular para aguantar a elite. En xuveniles fixo boa tempada a pasada, incluso tiraba penals. Tiña por diante a Valde tanto de lateral coma de central, outro que aproveita as lesións para entrar. Como alterna ambas posicións, pode ser algo tipo Alaba.
Ten máis teito Diego pero coma Asencio, igual o que funciona para un día é Fati, difícil praza Vigo hoxe onde non perdemos dende 2014, pero todo apunta a que nos van pasar por enriba visto o visto e como veñen ambos equipos.
Outra oportunidade perdida para Joan e quizais tamén para Valde, ambos lesionados. Un Valde que gusta moito no Arsenal e no Milan, pero coma lateral esquerdo. Que eran os que máis xogaban con Arbeloa no filial, un filial que a domicilio fai augas, e que perdeu un a cero en Balaidos co Fortuna en novembro creo que foi.
Non é descartable que non xoguen minuto hoxe e o fagan mañá en Espiñedo fronte ao Arenteiro no Carballiño no que debutarà Juanfran coma adestrador, un ex celeste.
P.d. :Por certo para arriba non leva a ninguén, si lle fas caso a convocatoria oficial. Pero claro Palacios con Arbeloa xogaba arriba, de falso 9 ou caendo a bandas. Rachad está lesionado, Arnu chegou onte coma quen di, igual levar a Víctor por si acaso, moito non hai, o C está en descenso e dos xuveniles pouco tamén, Enzo o fillo de Marce pola sobrada.
Queda pendente falar da limpa que hai que facer a final de tempada
Anteriormente:

No hay comentarios:
Publicar un comentario