... E hoxe facemos festa
no meio do camiño,
sin desarrear a besta
nin beber moito viño;
queremos celebrar o noso día
baixo o agarimo da benigna estela,
sin mentar vanamente a valentía
que soio na ocasión debemos tela.
Novas, comentarios, frases, rt, pero sobre todo vaciladas cos colegas sobre o Real Madrid , Madridismo en Galego , pero noutra "Era" tamén Luigi no deporte e na Costa.... Muxía, Fisober ..........
... E hoxe facemos festa
no meio do camiño,
sin desarrear a besta
nin beber moito viño;
queremos celebrar o noso día
baixo o agarimo da benigna estela,
sin mentar vanamente a valentía
que soio na ocasión debemos tela.
" Se algún día sintes esa pena no peito. Lembra que xa é dabondo todo o que está feito. Ten que dar co que medra no fondo da alma. É a que hoxe, mañá e sempre ten a calma."
" Teño claramente visualizado que nos procesos negativos abandónanche. Os medios de comunicación, o público, os futbolistas. E iso é natural, é propio da condición humana.
Toca despedir a Lucas Vázquez, despois de dez anos no primeiro equipo. Aínda que no último ano lle pegamos moito, non quere dicir que non lle queiramos ben e que lle desexemos o mellor.
Neste blog si temos un verdadeiro ídolo ese é Luka Modric, vai ser moi triste velo de novo xogar cunha camisola que non sexa a do Real Madrid. Sempre pensamos que se retiraría de branco. Velo co seu querido catorce ca camisola do Milan pode doer un pouco.
" Noso problema é que necesitamos moi pouco para ser felices, pero moita experiencia para comprendelo."