miércoles, 27 de enero de 2016

Sólido ou gaseoso.

Chegou o primeiro tropezo da Era Zidane e xa se acenderon as alarmas. Non sei que pensaba a xente xa avisei no artigo de benvida sobre Zizou cambiarían cousas pero o problema é máis grave ca un simple adestrador. Iso si co Betis non contaba pinchar, pero é que o Madrid a domicilio é unha festa.
Tampouco hai que tolear, díxeno por activa e por pasiva, Zidane vai mellorar a Benítez estou seguro e polo menos con el non pasaremos apuros para entrar en Champions directos, pero gañar títulos é outro conto. Sen Copa, ca Liga case perdida, agora xa imposible a sete que son oito co average puntos do Barça non hai nada que facer. E a Champions depende de moitos factores e o Madrid non está para esas guerras. Moi grave que un equipo que debe aspirar a gañar todo , aspire a ser terceiro na Liga, vaia fracaso.