sábado, 31 de agosto de 2013

Fisober na presentación do Villa de Cee.

Na tarde de onte venres tivo lugar a presentación do equipo de fútbol sala femenino Villa de Cee. Disputouse en forma de triangular e ademais das anfitrionas acudiron  dous equipos do Fisober. Os partidos disputáronse baixo o formato ,  de 20 minutos cada parte a tempo corrido.

viernes, 30 de agosto de 2013

Calendario Provincial 13/14

A federación galega de fútbol sala publicou o calendario para a tempada 2013/14 na categoría Provincial de A Coruña. En principio esta categoría na que participa o Fisober B constará finalmente  de 12 equipos. Nota !!!!! A FGFS acaba de informar que o Troula de Betanzos presenta equipo na Provincial femenina co cal o equipo que descansaba enfrontarase a elas sendo isa a única variación no calendario.

sábado, 24 de agosto de 2013

O Fisober volta a Copa Xunta.

Por segundo ano consecutivo o Fisober participará na Copa Xunta. Quedou encadrado no Grupo C xunto co Viaxes Amarelle e o Cidade de As Burgas de División de Honra e co Funeraria Apóstol , campión de Liga Autonómica.


viernes, 23 de agosto de 2013

jueves, 1 de agosto de 2013

Abono Fisober !

O Fisober F.S. F.  lanzou a súa nova campaña de socios para a tempada 2013-14 na que o clube chegará os dez anos dende o seu nacemento. Faio cunha novedosa idea baseándose nas redes sociais.

martes, 30 de julio de 2013

I Copa da Costa feminina.

O Fisober F.S.F. levouse a I edición da Copa da Costa feminina de fútbol 8 que tamén disputaron o U.C. Cee e o C.D. Baio, unha competición que esperemos que continue no tempo e a cal se  vaian unindo  máis conxuntos. A competición  realizouse  cun formato de dúas concentracións e que tería como gañador o equipo que máis puntos acadara. O Fisober F.S.F. que xa tomara vantaxa na primeira xornada que se levou a cabo en Baio, ratificouno na segunda e definitiva en Cee.

miércoles, 24 de julio de 2013

Fisober , Habemus calendario !

Parece ser que xa temos calendario para o Fisober en Segunda División a espera da solicitude do Leis Pontevedra de integrarse neste grupo o cal podería obrigar a facer un novo calendario. Este calendario é obtido da páxina web do Stilo Berrio , a espera da confirmación por parte da RFEF. O Fisober arrancaría o 6 de Outubro como local cun derbi fronte A Fervenza precisamente o partido co que se rematou a pasada e finalizaría tamén como local o 4 de Maio precisamente fronte o Stilo Berrio.