“Hay que tener cuidado y ser justo con las acusaciones a Owono. Me explico:
Su temeridad ha acabado en tragedia porque además de su error, también ha habido una cadena de negligencias en los servicios médicos.
Su acción es la principal causante de la desgracia pero no la única. Esto hay que tenerlo muy claro.
Tacharlo de asesino me parece una barbaridad. El Fútbol es un deporte rápido y de contacto. Las decisiones se deben tomar en cuestión de segundos.
Raro es el fin de semana que no hay algún choque parecido a este. La diferencia es que la mayoría afortunadamente acaban en golpes fuertes que no pasan a mayores.
Y ahora yo le doy la vuelta a la jugada para que ustedes reflexionen:
¿Qué hubiese pasado si Owono en el momento clave de la acción se hubiese apartado para evitar el choque?
Pues que la jugada hubiese acabado en gol del Tenerife y el portero hubiese sido altamente criticado por ‘salir a por uvas’.
Con esto lo que quiero hacer ver es que es muy fácil dejarse llevar por la corriente acusadora cuando ocurre una desgracia de este tipo pero luego los aficionados somos los primeros que estamos con el cuchillo preparado y afilado para criticar sin piedad los errores propiamente futboleros.
Pero hay que saber mirar la imagen en panorámico y meterse en los zapatos de los demás.
No me gustaría ser ahora mismo Owono. Una decisión en centésimas de segundo ha costado la vida de un compañero, algo que le perseguirá en su cabeza el resto de su vida.
Debe ser sancionado y seguramente su castigo sea ejemplar.
Nosotros como aficionados debemos condenar la temeridad de la acción y nada más.
Owono no quería acabar con la vida de un compañero. Owono no es un asesino.
Reflexionen antes de disparar.”
Don Shelby on Twitter.
Xose Regueira:
ResponderEliminarA morte do xogador do Tenerife, Jesús de Miguel, tras unha falta, aínda que o golpe sexa brutal, non é un crime; é unha tráxica desgraza.
O porteiro do Andorra, Jesús Owono, saíu da súa área como tantos outros antes del, con brutalidade, si, mais non asasinou a ninguén. Colisionou duramente e o resultado, horas despois, foi a morte. E inmediatamente o diluvio de odio xenófobo chamándolle “asasino”, “homicida” ou pedindo a “deportación” inunda as redes, como se a pel negra e o nome estranxeiro convertisen a traxedia en deliberación.
Lembro a entrada de Schumacher a Battiston no Mundial do 82. Aquel golpe brutal, a quebra de vértebras, o coma. Ninguén pediu a expulsión definitiva do alemán da civilización, aínda que ocasionou unha crise entre Alemania e Francia. Mentres Battiston era retirado en camilla inconsciente, Schumacher non amosou ningunha preocupación no terreo de xogo, chegando a botar o balón fóra con présa para sacar de porta e amosando unha actitude impaciente e fría que indignou ao mundo e mesmo foi o heroe do partido detendo dous penaltis. Lonxe de inhabilitalo, consolidouse na selección, coa que foi subcampeón do mundo nese ano e no 86, e nomeado futbolista do ano en Alemania no 84 e 86.
Tampouco se escoitou clamor de linchamento cando outros futbolistas famosos, brancos e celebrados, como, por exemplo, cando Nigel de Jong cometeu unha acción premeditada e violenta contra Xabi Alonso. Gustariame ver a reacción no madridismo se fose Curtois ou no barcelonismo de ser Joan García; terían de soportar este coro de aversión racial?
Harper Lee, en "Matar a un reiseñor", ensinou que o verdadeiro monstro non é o acusado, senón a multitude que necesita unha cara para vomitar o seu medo. Owono, nacido en Bata, criado en Donosti, estudante e internacional, non é ese monstro. É unha persoa que, como tantas que saíu a disputar un balón e agora carga co peso de algo que non elixiu. A xenofobia que aproveita a dor allea para crecer nas nosas rúas é a verdadeira desgraza engadida. O fútbol, se aínda quere ser digno, debe chorar e honrar ao morto mais sen crucificar ao vivo. A xustiza non se fai a berros, nin con noxentos comentarios nas redes; faise co silencio que permita ao tempo e á verdade facer o seu traballo.